#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Os cuartos de final da Copa terán 6 equipos de Primeira e 2 de Preferente

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

O pasado xoves tiveron lugar os oitavos de final da Copa de Preferente e Primeira, patrocinados unha vez máis por Salvatierra Abogados. Ao xa clasificado Chantada Atlético uníronse nesta ocasión Ribadeo, Lemos, SD Chantada, Atlético Escairón, Santaballés, Milagrosa e Foz, que se atoparán nos cuartos de final.

Resumo dos oitavos de final da copa

A categoría e a efectividade dan a victoria ao Ribadeo en Xove (0-1). Partido moi entretido para o espectador o que tivo lugar o pasado Xoves Santo na localidade mariñá, con un Ribadeo que se mostrou moi activo en ataque e un Xove desinhibido, o que se traduciu en moitas ocasións para ambos conxuntos. Un gol de Asier antes do descanso desequilibrou a balanza para os do Pepe Barrera, aínda que os locais dispoñerían a posteriori dun disparo ao longueiro e dous mans a man nos que non estiveron atinados, sendo o pase aos cuartos de final da Copa para o vixente campión.

O Lemos imponse na Santa Cruz desde o punto de penalti (0-0). Logo dun primeiro tempo moi igualado froito do estado do terreo de xogo e da choiva, o Lemos tomou a iniciativa nunha segunda metade na que se fixo notar a diferenza de ritmo entre ambos conxuntos. Porén, o resultado inicial mantívose ata o asubío final, e foi na quenda de penaltis cando Pablo se erixiu como o heroe ao deter dous lanzamentos e incluso anotar outro para dar aos seus o pase a cuartos de final da copa.

O Meira cae ante unha boa SD Chantada (0-2). Logo dunha primeira parte igualada, as emocións fortes reservábanse para a recta final na Lomba. Os chantadinos tiveron o dominio ao comezo do segundo tempo, pero o Meira deu un paso adiante e gozou de varias ocasións claras ata que, pouco despois do 80′, unha ocasión errada por Óscar derivou nun contragolpe e posterior penalti a prol dos visitantes, moi protestado polos locais.



Manu non errou desde os once metros e, xa na última xogada do choque, na que o gardamallas Jorge subira rematar unha falta, un novo contragolpe foi culminado por Migui para poñer o 0-2 definitivo e dar o pase á SD Chantada.

O Atlético Escairón gaña na quenda de penaltis en Pol (0-0). Un partido que ben podía ser doutra categoría polo nivel dos xogadores tornouse moi igualado e, como consecuencia, moi pechado. As ocasións brillaron pola súa ausencia e, aínda que o Pol apretou aos seus rivais na recta final, un sobrio Escairón mantivo a súa portería a cero e chegou ata os lanzamentos desde os once metros, onde o estado actual de confianza dos locais pasou factura, mentres que os visitantes estiveron máis atinados e pasaron a seguinte rolda da Copa.

máxicos copa

O Santaballés volve gañar en Portomarín (0-1). Repetíase, agora na copa, o duelo do pasado domingo. Os miñotos foron mellores no primeiro tempo, pois gozaron coas ocasións máis claras nas botas de Sanfiz, mentres que o Santaballés estivo a piques de adiantarse nunha acción na recta final. A calidade individual de Novás decidiu o choque cando tan só faltaban 5 minutos para o final, pese a que o Portomarín estivo preto do empate nos últimos intres.



A Milagrosa asalta a Medela (0-1). Un gran gol de Juan desde a frontal cando a primeira parte chegaba á súa final valeulles aos de Madriles para pasar aos cuartos de final de copa. O cadro de Martín Murado insistou no segundo tempo con moita xente ofensiva, pero a boa actuación defensiva dos albivermellos, liderados por Joel Vasco, impediu que o Taboada fixese gol e o pase de ronda foi para o cadro visitante.

O Foz dá a sorpresa e elimina con solvencia á Residencia (3-1). Dous goles do cadro mariñán na primeira metade puxeron contra as cordas a un equipo visitante que se presentou con pouca actitude no Martínez Otero. Manolito foi o autor do primeiro e, xa nos últimos intres do primeiro tempo, Jose Otero ampliou a diferenza para os seus.

Nunha tímida reacción dos branquiazuis, Pereira recurtou distancias mediado o segundo tempo e, desde o 2-1, a Residencia buscou con insistencia o empate. Porén, sería Moreda quen sentenciaría nunha pena máxima para desatar a tolemia nun cadro focense que avanza roldas na Copa, 3-1.

Os cuartos de final da Copa terán 6 equipos de Primeira e 2 de Preferente

Un Xoves Santo de pleno para os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *