#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Palabra de… David Díaz ‘Chumi’: «Un segundo»

Un segundo, o que pode cambiar a vida nesa pequena fracción de tempo. Que llo digan a Iniesta. Imaxinádesvos que tardara un segundo máis en golpear o balón aquel 2010 en Johannesburgo? Pois si, ese segundo significou un Mundial! Pero non sempre ese segundo trae consecuencias positivas.

O partido da lesión. David, o primeiro na fila superior á esquerda. SD CHANTADA

O Sangoñedo. 3 de decembro do 2017. SD Chantada – SD Monterroso. O árbitro asubía falta a favor dos locais, dispóñome a colocar a barreira e tras iso, ocupo o meu pau. Escoitase o son do chiflo e Anxo golpea o balón. O balón supera a barreira e de súpeto, Pum! Aí está! Ese segundo! Gol. Ese segundo que cambiaría o encontro para os chantadinos. Pero para min non ía cambiar só o partido.

Érgome do chan, algo vai mal. Penso que pode ser unha escordadura e continúo no campo. Pero decátome que non é así, que ese segundo fóra máis importante. A partir de ese intre, daste de conta de todo o que vas botar de menos os próximos meses: eses nervos previos ós partidos todos os domingos, esas paradas que poden salvar 3 puntos, o desexo de que remate ese maldito tempo de desconto cando vas gañando 1-0… Ese segundo, ese segundo xa cambiou a miña vida. Tras pasar polo taller, toca cambiar o balón e a portería pola magnetoterapia e polos ultrasons.

E outra vez, volve aparecer ese maldito segundo. Toca revisión coa traumatóloga. Xa levas todas as preguntas pensadas, todas relacionadas coa condenada pelotita. E chega o momento e tras a revisión pertinente, realizas a pregunta: “Doctora, cando podo volver xogar?” E aí está outra vez! Ese segundo! Ese segundo que ela tarda en responder, e que vai cambiar a túa vida outra vez.



Chumi confía en estar listo nos próximos meses co Monterroso. Logo, no verán, xa vén a época de Maratóns con Electricidad Félix

Mais todo este tempo de recuperación dáche moito tempo para reflexionar, e decátaste de que non botas de menos eses partidos nos que queres lograr a victoria a toda costa. O que realmente botas en falta son os pequenos detalles, esa sensación de tirar un cano nun rondo, de vacilar os compañeiros no vestiario, ou esas viaxes de hora e media de camiño para darlle dúas patadas ó balón, ou no meu caso, de parar un dos cinco disparos que vaian por portería.

Pero unha cousa aprendín neste tempo, ese segundo (ese maldito segundo!) non é capaz de quitarche o fútbol de dentro de ti. Porque se agora mesmo me concedesen un desexo, sería estar baixo os paus, no minuto 90, gañando 1-0 e cos nervos de querer conseguir os 3 puntos. Sen embargo, algo cambiou ese segundo en min, porque se me concedesen un segundo desexo, teríao moi claro: “Que ese tempo de desconto non acabe nunca!”.

 



David Díaz ‘Chumi’, gardamallas do Monterroso.

Palabra de… David Díaz ‘Chumi’: «Un segundo»

Palabra de… José Carlos Díaz: «Quince anos

Palabra de… David Díaz ‘Chumi’: «Un segundo»

Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *