O Burela sumou na pasada fin de semana a súa primeira vitoria do curso ante o Dubra por 3-2. Un encontro no que os afeccionados da Marosa gozaron dun conxunto de Julio Castro que deu un paso cara adiante na Preferente e sumou de tres ante un dos equipos que pode ser rival directo. Todo cunha figura clave que foi un tanto inesperada. Como se fose un dianteiro, Yago Martínez sumou un dobrete que foi chave para que os mariñáns inaugurasen o oco para as vitorias.
O centrocampista nado futbolísticamente na Marosa pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, o obxectivo da campaña e a idea de club que ten o Burela.
Entrevista a Yago Martínez do Burela
Encontro ante o Dubra:»Non me esperaba para nada marcar dous goles, pero non estivo mal. Foi un encontro que arrincamos moi ben. Baixamos algo na segunda parte, pero conseguimos aguantar. Tocaba levar tres puntos para a casa».
Obxectivo do curso:»Segue sendo a permanencia o obxectivo, pero non queremos permitir que nos ocorra o mesmo que o ano pasado. Faltounos moi pouco para que o destino fora outro».

Idiosincrasia do Burela:»Somos xente que nos coñecemos desde a base. Temos que rendir desde o comezo aproveitando que sabemos perfectamente como xogamos».

