#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Monterroso e Ribadeo evitan ao Marín

Monterroso, Ribadeo, Guitiriz e Lemos B xa coñecen aos seus rivais na pelexa polos ascensos a Preferente e Primeira Futgal. Todos os nosos representantes deberán superar dúas eliminatorias a dobre partido para subir de categoría. O vindeiro 31 de maio darán o pistoletazo de saída dun soño que queren alongar ata o 21 de xuño, data na que se disputará a volta das diferentes finais polo ascenso.

José Manuel adestrará ao Guitiriz
José Lorenzo, estratega de ouro para o Guitiriz na fase de ascenso

Ribadeo e Monterroso tiñan en mente esquivar ao Marín, un conxunto galáctico feito para ascender si ou si á Preferente. E así foi, aínda que os da Ulloa tiveron mellor sorte que os mariñáns. O equipo adestrado por Dani Moirón arrancará a fase no Pepe Barrera fronte ao Gondomar, un dos ‘cocos’ do bombo. O segundo clasificado do Grupo 6 asinou a frioleira de 80 puntos no grupo vigués. Aínda por riba, o Ribadeo xogará a volta deste cruce fóra da casa.

No entanto, o conxunto dirixido por Fernandito visitará na primeira eliminatoria o campo do Calo, terceiro clasificado do Grupo 2 da Primeira Futgal. O equipo do municipio de Teo xogará en Cerdeiriños sete días máis tarde.

Se conseguen superar esta primeira rolda, o Monterroso quedaría emparellado co gañador da eliminatoria entre Juvenil Ponteareas e Sporting Meicende. O Ribadeo mediríase ao vencedor do duelo entre Galicia Mugardos e Club do Mar.

Guitiriz e Lemos B mediríanse na final polo ascenso

Jesse chegou ao Lemos B no verán de 2023 logo de adestrar ao Ferreira

Na Segunda Futgal, o destino quixo cruzar os intereses dos representantes lucenses. No escenario máis favorable dos posibles, a provincia só podería celebrar un ascenso. Xa que, Guitiriz e Lemos B xogarían entre eles se superan a primeira das dúas eliminatorias polo ascenso a Primeira Futgal.

Antes diso, o Lemos B deberá sacrificar ao O Pino, terceiro do Grupo 2 da Coruña. Pola súa parte, o conxunto de José Lorenzo ten que deixar na cuneta ao Xuventude Dorneda, terceiro clasificado do Grupo 1 coruñés. As dúas eliminatorias comezarán tamén o próximo 31 de maio.

Monterroso e Ribadeo evitan ao Marín

A Milagrosa trae as boas novas dunha

Monterroso e Ribadeo evitan ao Marín

Monterroso e Ribadeo evitan ao Marín