Un xoves máis, entramos nas ondas para analizar esta vindeira data no Ser Deportivos de Radio Lugo Cadena Ser. E, coma sempre, tivemos un protagonista da xornada. Nesta ocasión, a actualidade obrigaba a que fose el. Adri Lombao, xogador do Viveiro, atendeunos amablemente despois do gran susto que nos deu a fin de semana pasada.
Aquí vos deixamos a entrevista íntegra así como a análise da vindeira xornada:
Lombao relatou o seu percance, o cal non recordaba de todo e tivo «que ver despois» xa que quedou «inconsciente». Tamén destacou que se «poderían arranxar cousas cando os muros e valados están moi preto» do terreo de xogo.
O novo xogador do cadro de Cantarrana indicou que a marcha do equipo «vai bastante ben». En parte, debido á esixencia de Alberto López. Adri Lombao considerou que o técnico lucense é «dos que máis fai mellorar ao xogador».
Fotografía principal: El Progreso.