#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo, xornada 30

Os máxicos encaran as catro últimas xornadas da temporada con moito por decidir en todas as partes da clasificación.

Foz 2-2 Pol: partido vibrante no Martínez Otero. O Pol, que comezou mellor, adiantouse nunha xogada na que os locais pediron fóra de xogo, pero o gol provocou a reacción focense e, no intermedio, o Foz mandaba por 2-1. Tras a reanudación, o Pol pechou ao rival no seu campo e empatou logo dun balón morto na área que se saldou, ademais, coa desafortunada lesión de Gonzalo. Co 2-2, os gardamallas de ambos conxuntos erixíronse como os heroes do choque, con grandes intervencións que permitiron aos dous equipos sacar puntos na tarde do domingo.

Xove Lago 3-2 Outeiro de Rei: comezou mellor un Outeiro de Rei que se puxo por diante cun bon remate de Seijas dentro da área, pero os mariñáns reaccionaron e remataron moito mellor o primeiro tempo: 2-1 logo de tantos de Maikel e Diego Chao e unha ocasión marrada por Diego Fernández. Porén, o dianteiro local compensou o seu erro cun gol ao comezo do segundo tempo que poñía o 3-1. Foi entón cando os locais quedaron con dez xogadores, o que aproveitou Diego Seijas para facer o seu segundo da tarde, 3-2. Foi na recta final cando o Xove quedou con tan só nove xogadores e defendeu como puido as estocadas visitantes para sacar tres puntos de ouro logo de noventa minutos de infarto no Municipal.

Riotorto 1-1 Chantada Atlético: foi mellor o Atlético ao longo do primeiro tempo na Veiga, pero unha gran cabalgada de Manu Carreira culminada por Coedo puxo o 1-0 antes do descanso. Tras o parón foi mellor o Riotorto, que gozou de tres ocasións claras en botas de Pape. Porén, o que perdoa remata pagando e os visitantes empataron tras un centro lateral na recta final. A nota negativa, a polémica ao final do choque, con amonestacións para ambos bandos.



San Ciprián 1-1 Monterroso: choque igualado na Veiga na matinal do sábado. Logo dunha primeira parte na que os dous conxuntos se tantearon, Joao aproveitou un balón largo mediado o segundo tempo para facer o 1-0 cun gran xesto técnico. O Monterroso volcouse na procura dos puntos e conseguiu empatar cun gol de falta de David e puido remontar con varias ocasos na recta final, pero ao final houbo reparto de puntos na Mariña.

Atlético Escairón 3-1 Santaballés: partido moi disputado no Municipal, con dominio alternativo ao longo dunha primeira parte igualada e na que se impuxo o Escairón cun gran contragolpe, 1-0. O Santaballés saíu mellor no segundo tempo, apretou aos locais e conseguiu o empate. Porén, a reacción local non se fixo agardar e, aproveitando que os visitantes chegaron escasos de efectivos, conseguiron o 2-1 e sentenciaron o choque na última xogada, 3-1 nun duelo moi serio por parte de ambos bandos.

Burela 0-2 Castro: o líder da Primeira demostrou por que o é. Un balón parado no primeiro tempo serivulles aos chairegos para poñerse 0-1 e, co marcador a favor, aguantar as estocadas dun bon Burela ao longo do segundo tempo. Dumi sentenciaría o choque nun contragolpe ante uns mariñáns que fixeron méritos para sacar algo positivo do seu feudo.



SD Chantada 2-1 Antas: os locais comezaron con moito dominio e afundindo aos celestes no seu campo, froito do cal chegou un rápido 1-0. Porén, os visitantes trocaron o seu sistema e melloraron ata empatar ao filo do descanso tras unha xogada maradoniana de Diéguez. A SD Chantada volveu apretar no comezo da segunda parte e volveu adiantarse cun tiro desde a frontal. Co 2-1, o choque igualouse de novo, e o Antas estivo a piques de empatar na recta final cun tiro lonxano, pero o marcador non se moveu.

Sporting Pontenova 1-3 Lourenzá: primeira vitoria da segunda volta para un Lourenzá que comezou mellor e se adiantou aos vinte minutos por medio dun balón parado. Porén, o Sporting mellorou no seu xogo e empatou antes do descanso. Logo dunha segunda parte de fútbol directo con ocasións para ambos bandos, o choque se decidiría cunha falta na recta final transformada polos visitantes e un contragolpe no 95′ que sentenciou o choque, 1-3 na Mina.

Pastoricense 2-3 Taboada: partido tolo no Acebreiro. Un Pastoricense desahuciado saiu sen medo ao campo e anotou o 1-0 mediada a primeira parte. Porén, a reacción visitante non se fixo agardar e o empate chegou antes do descanso. Na reanudación, o Taboada demostrou a súa capacidade ofensiva e anotou dous tantos para sentenciar o choque, 1-3. Diego recurtou diferenzas na recta final, pero o arreón local non foi suficiente, 2-3 na Pastoriza.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *