#Fútbol afeccionado #Feminino

O Lugo recupera a segunda praza con argumentos

O CD Lugo volve ao segundo posto da Primeira Galicia. Un golpe sobre a mesa ante un Orzán que pelexa de ti a ti coas albivermellas polo ascenso. As de Joaquín Blanco asinaron un gran partido en todas as facetas do xogo. Fixeron un gran esforzo na primeira metade, na que conseguiron unha importante vantaxe de dous goles. As capitalinas adaptáronse moi ben a un rival que lles quitou o balón, algo ao que non están acostumadas.

Na reanudación, o Lugo puxo terra de por medio co 3-0 nada máis comezar. E despois soubo sufrir ante un Orzán que apretou e aproveitou a falta de folgos local, froito do gran desgaste físico realizado durante o encontro. Por certo, a exxogadora do Monte Forte Moji debutou coas albivermellas, saíndo no once inicial.

Pola súa parte, o Antas non foi capaz de sacar réditos do bo momento de Paula Méndez. Tres goles anotou a xogadora do Castro Seoane. Pero de pouco serviron dada a fraxilidade da liña defensiva das de Dani Abelairas.

A goleada foi sonora. Aínda así; as recuperacións de Elisa en campo rival, o bo traballo de Nuria e a pegada de Paula serviron para que o Antas, en dúas ocasións, se volvese meter no partido. De tódolos xeitos, a falta de contundencia na zaga serviulle ao Tomiño para chegar moi cómodo por banda e anotar con facilidade.



Sorpresa da Comercial no Catro Ventos e táboas no derbi capitalino da Segunda

A Comercial logrou o seu segundo triunfo da tempada, ambos a domicilio, ao superar ao Carballedo pola mínima. As de Vivian Dors foron de menos a máis ante un rival que acusou as baixas e perdoou de máis na primeira media hora. Co paso dos minutos, a frustración apoderouse das de Sementa e Adrián Rodríguez e Fany aproveitou unha das poucas oportunidades visitantes para levar os tres puntos para a capital.

No outro dos derbis da xornada, a igualdade marcou gran parte do partido. O San Roque adiantouse por dúas veces (ambos os goles de Sofía) ante un voluntarioso San Lázaro que nunca se rematou de atopar. Porén, dous erros defensivos verdibrancos propiciaron o empate final. Se ben é certo, que na segunda metade as de Quiroga coquetearon coa vitoria en varios momentos. O cadro de Luchi deixouse dous puntos importantes que baixan ao San Lázaro ao terceiro posto. Aínda así, as da Ponte xogarán dous partidos esta semana (disputaranse os oito minutos que restan do choque ante o Cruces este venres ás 22.00 horas) e tentarán recuperar a segunda posición na Liga.

O Monte Forte non se quere baixar do barco que loita por un posible ascenso e sacou un importante e merecido triunfo nunha semana de cambios. Cristian debutou aos mandos da nave en substitución de Perry. E Henar e Sara asumiron o baleiro deixado por Moji (nova xogadora do CD Lugo). As monfortinas adiantáronse nunha boa primeira metade, cun tanto de Sara Mougán. Unha Sara que se tivo que retirar mancada, cunha posible lesión de menisco. Na reanudación, as do Luis Bodegas sentenciaron con dous goles moi seguidos de Henar. A zona de promoción de ascenso queda a só tres puntos.



Henar, autora de dous goles co Monte Forte

Nesa zona de ascenso mantense o Chantada, que ascende ao cuarto posto da clasificación. As de Gorry sacaron adiante un encontro igualado ante un rival directo como era o Santiso. As vermellas tiveron máis momentos de dominio nun duelo no que as ocasións quedaron para a segunda metade. Nunha delas, Laura Carnero fixo o único gol do partido a pase de Noelia.

Ademais, o líder cumpliu os prognósticos e impuxo a súa lei no feudo do Bandeira. Adiantouse mediada a primeira parte cun tanto da goleadora Nuria Meijide. Porén non foi capaz de matar o encontro ata a última media hora. Dous goles case consecutivos sentenciaron a contenda e permitiron un maior número de minutos para as máis novas do equipo. Nuria Meijide acabou o choque cun ‘dobrete’.

Por último, a Milagrosa cedeu no feudo do Touro. O partido deixounos poucas ocasións e as máis claras sempre foron para o cadro de Xanzy. Un gol ao remate de cada un dos tempos certificou os tres puntos para un Touro que puido marcar algún tanto máis.

Alegría do PM Friol ante un candidato ao ascenso

O PM Friol sorprendeu ao Pradejón, metido de cheo na loita polo ascenso, na Reigosa. O equipo amarelo defendeuse á perfección durante os noventa minutos e aproveitou o seu momento ao grande. As de Friol apostaron polo contragolpe sen descoidar a súa zaga. De feito, tiveron que solventar varias acometidas visitantes. Especialmente dunha activa Valej. E nos derradeiros vinte minutos fixeron o resto. Lynda abriu a lata. E Couceiro e a propia Lynda anotaron o segundo e o terceiro, respectivamente; co encontro xa case morto. Xusto cando o Pradejón estaba buscando a igualada ante un PM Friol que asasinou de xeito silencioso e con moita dor.

Resultados da xornada

PM Friol 3-0 CD Pradejón



CD Lugo 3-2 Orzán

Tomiño 9-3 Antas

Carballedo 0-1 Comercial

San Roque 2-2 San Lázaro

Chantada 1-0 Santiso

Cruces 0-3 Monte Forte

Bandeira 0-4 PM Friol B

Touro 2-0 Milagrosa

O Lugo recupera a segunda praza con argumentos

Máxicos Futbolinlugo, xornada 30

O Lugo recupera a segunda praza con argumentos

A necesidade de lavar bocas, o ascenso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *