#Cadetes #Fútbol Base

Raúl Morán: «Non pensaba adestrar este ano»

Raúl Morán debuta esta campaña á fronte dos cadetes do CD Castro. Todo apuntaba a un ano fóra dos banquiños porén unha persoa insistiu o suficiente para facelo cambiar de idea. Así que xa instalado no Arturo Pereiro, quixemos falar con él sobre presente, pasado e futuro. Imos aló!

FUTBOLINLUGO: Boas, Raúl! Como te atopas? Imaxino, que xa traballando en Castro!

RAÚL MORÁN: Ola! Ata o de agora pouco fixemos, levamos un par de adestramentos… A cousa vai relaxada polo momento.

FIL: Como chega Raúl Morán ao Arturo Pereiro?



Raúl, en compañía de Alejo, tras gañar a Copa Deputación co Corgo

R.M: Eu non pensaba adestrar esta tempada. Suso, o director deportivo, empeñouse bastante. Ao final convencéronme e probaremos un aniño polo menos. Agardemos que sexa máis!

Eu non pensaba adestrar esta tempada. Suso, o director deportivo, empeñouse bastante.

FIL: Resultouche interesante o proxecto da base do Castro imaxino…



R.M: Sí, levan unha traxectoria similar á que levábamos nós no Corgo. Nós empezaramos un ano antes. Foron crecendo en equipos e xa completaron todas as categorías. A idea é que os xogadores sirvan de soporte para o primeiro equipo nun corto prazo.

FIL: Falabas do Corgo. Que pasou exactamente para que marchases de alí?

R.M: Cousas que pasan. Foron moitos factores: personais, problemas ca directiva e co Concello… O proxecto quedou a medio facer. Tiñamos un grupiño ‘majo’ e que custara xuntar. Non sei que ocurrirá este ano. Ademais da dispersión, non conseguimos un clube serio cun rigor e estrutura ben montada. Non se transmitiu nunca e iso afectaba. Debo dicir, que sigo sendo o afeccionado número un do Corgo e quero que todo funcione ben. Foi un problema puntual e xa está. É unha etapa pasada.

No Corgo foron moitos factores: personais, problemas ca directiva e co Concello… O proxecto quedou a medio facer.

FIL: De todas formas, levaches a algún xogador contigo para Castro non?



R.M: Sí, do cadete. Veñen os cinco que quedaban no Corgo, porque alí non vai haber equipo cadete este ano. Veremos se finalmente se quedan polo tema de desplazarse e tal.

FIL: Cal é o obxectivo de Raúl Morán para esta campaña?

R.M: Vou a disfrutar adestrando. De traballar, eu quería ir a un sitio no que houbera certo compromiso á hora de adestrar. Quería un grupo con dezaseis, dezasete chicos adastrando. No Corgo non o conseguín. Tentarei facelos evolucionar todo o posible e que disfruten no campo. E que collan un pouco de pasión polo fútbol, que en xeral é o que falta no fútbol base. A nivel de clube pidéseme que evolucionen para que un grupo de rapaces poidan estar no primeiro equipo en catro ou cinco anos.

FIL: Grazas Raúl!

R.M: A vós!

Raúl Morán: «Non pensaba adestrar este ano»

Cumplimos un ano… e isto é o

Raúl Morán: «Non pensaba adestrar este ano»

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *