#Fútbol afeccionado

Comeza a semana do II All Star

O vindeiro sábado 25, como ben sabedes, terá lugar unha nova festa do fútbol lucense. Desta vez, será o concello de A Barrela (Carballedo) o que albergue o II All Star Futbolinlugo. Logo de celebrar a primeira edición no 2019 en Burela e do parón obrigado pola pandemia, buscamos continuar a dar visibilidade ao fútbol que máis nos gusta, o afeccionado.

O formato será algo diferente ao da primeira edición, pois a festa comezará pola mañá no campo dos Catro Ventos. O fútbol feminino abrirá a xornada ás 11:30, cun partido inédito entre unha selección do norte da provincia e outra do sur. Ao término deste choque, futbolistas e organizadores terán o seu merecido parón para xantar.

Agarimoso saúdo entre as participantes no I All Star. Foto: Fundación TIC

Retomaremos a diversión ás 17:00, cando comezarán os diversos concursos dos que gozaremos: tiro ao longueiro, fut-golf e unha das estrelas da tarde, o fútbol burbulla. Toda a información relativa á inscrición nos concursos estará na nosa web a partires deste luns 20 ao mediodía, pero calquera poderá apuntarse a eles.

Rematados os concursos, dará comezo o partido masculino (19:00). Nel, mediranse os xogadores de Preferente e de Terceira cos de Primeira e Segunda. Será unha boa oportunidade para coñecer aos futbolistas máis destacados do balompé lucense. Por último, pecharemos a edición coa entrega de trofeos e cunha pequena homenaxe a todos aqueles que decidiron colgar as botas (ou as luvas) esta temporada, como son Montxo, Diego Arias, e moitos outros!



Ademais, xa podemos revelar aos adestradores que participarán nesta edición:

Javi Chinchón colgou as botas no I All Star, pero participará no II como técnico.

Selección feminina norte: a encargada de dirixir ao conxunto será Pili Neira, toda unha entidade no fútbol feminino do país que xa estivo con nós no I All Star Burela 2019.

Selección feminina sur: o técnico será Ibán Crespo, adestrador do conxunto feminino do Carballedo CF. Xogará, por tanto, na súa casa, onde tan ben están a facer as cousas en termos de fútbol feminino.



Selección masculina Preferente + Terceira: Javi Chinchón levará as rendas do equipo. Logo de participar como xogador na primeira edición, o mariñán (que xa sabe o que é entrenar ao Foz na Preferente) cambia de rol. Estará acompañado por Paco Corredoira, un home destacado do fútbol lucense pola súa traxectoria como xogador e como adestrador que volve así aos banquiños logo dun tempo parado.

Selección masculina Primeira + Segunda: Roberto Fernández (quen tamén estivo con nós no 2019) será o director de orquestra do equipo. O ex-gardamallas dará así o seu primeiro paso na carreira de adestrador. Ao seu carón, o monterrosino Óscar Méndez aportará os seus coñecementos para facerse coa victoria nunha xornada tan especial para todos.

Comeza a semana do II All Star

Diario dun mercado. Episodio 277

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *