#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Segunda Futgal

O anecdotario: «Unha reapertura inolvidable», por Brais

Fai tres ou catro anos reabriu a Hermo. Saímos de adestrar co Castro e marchamos cara Muimenta varios dos integrantes dese equipo. Por unhas cousas ou por outras, só quedamos catro valentes para pechar a noite.

Brais, na súa última temporada co Castro

Queriamos regresar en bus pero o autobús xa marchara. Tanteamos a opción dun taxi… todos collidos. Nese punto, ocorréusenos a brillante idea de chamar a dúas persoas para que nos fosen buscar. Realmente chamamos a unha pero viñeron dúas.

Iso provocaba que fosemos seis persoas para montar no coche. Deunos un pouco igual. Puxemos ao máis pequeno debaixo do máis grande. Este tocaba a cabeza co teito.

Esquivamos a estrada xeral pero nin por esas. Atopamos o temido control da Garda Civil. De primeiras non foi tan mal, libramos do control de alcoholemia. Xa sabían que os que nos viñeran buscar, non tiñan bebido.



O problema foi con dous dos integrantes que iamos na parte traseira do coche. No afán de intentar que non visen que eramos seis, sacamos os cintos para apretarnos todo o posible. Resultando que nos multaron tanto a min, o pobre Brais, como ao que ía enriba sen o dichoso cinto. Ao que ía debaixo, nin se decataron que alí estaba. Ou iso ou fixeron a vista gorda.

Seguimos e, dous quilómetros máis adiante, outro control. Sacamos a multa pola ventá e xa evitamos que nos parasen. Deixáronnos seguir dirección Castro. Nós, co obxectivo claro de afogar as penas en alcohol. Nin eso conseguimos. A camareira non nos deixou pedir a última.

Brais Barreira Fraga. Lateral do Guntín. A banda esquerda do Ladairo leva o seu nome



O anecdotario: «Unha reapertura inolvidable», por Brais

O partido da xornada . . .

O anecdotario: «Unha reapertura inolvidable», por Brais

Comeza a semana do II All Star

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *