#Feminino #Fútbol afeccionado

Ángeles brilla nunha xornada de apuros na Primeira

O Lugo prolongou o seu gran momento de forma e resultados cunha vitoria pola mínima no campo do Bergantiños. O gol de Paula ao cuarto de hora fixo xustiza para un cadro albivermello práctico e que apenas concedeu ao seu rival. A verticalidade e solidez das rapazas de Joaquín Blanco xeraron dúbidas na defensa das de Carballo, que recurriron en ocasións a un xogo máis duro.

Nerea Lombardero

Na fase de descenso, non chegou triunfo algún. O Antas colleitou un empate agridoce e insuficiente ante o Concello de Boiro. As rapazas do Castro Seoane prolongaron a festa do equipo masculino cun 2-1 ao descanso, cos tantos de Noe Pires e Nuria Louzao. O gol do Boiro foi unha xerra de auga fría, xusto ao bordo do tempo de lecer. A escadra dirixida por Noe Pires e Dani Abeleiras non puido pechar a vitoria e deixou dous puntos no tramo final, no que Eva rescatou un empate de ouro para as de Barraña. O Antas queda a un punto da zona de permanencia.

Pola súa parte, o PM Friol B cedeu na súa visita ao Tomiño e entra en descenso. As locais impuxeron a súa lei con dous tantos na primeira metade, case definitivos. Nerea Lombardero fixo o gol da honra no tramo final. O cadro de Diego Viveiro realizou un moi bo partido fóra da áreas. Bo xogo e actitude pero a pólvora estaba mollada.

Ángeles vaise de copas

O derbi da rolda previa da Copa Deputación tivo unha clara protagonista. Ángeles fixo os catro goles do Chantada na remontada ante o Monte Forte. A atacante adiantou ás de Álex Cambeiro ao cuarto de hora de xogo. A pesares das ocasións visitantes, foi o conxunto de Horta o que se marchou con vantaxe aos vestiarios grazas aos tantos de Moji e Laura Rivas.



Unha primeira parte disputada deu paso ao dominio chantadino na reanudación. Aí foi onde se desatou Ángeles, para asinar tres goles máis e o pase de rolda do seu equipo. Iso si, contou coa axuda inestimable de xogadoras como Irene ou Chío. Laura Caseiro tivo que poñerse de porteira ao mancarse a gardamallas Ángela.

Resultados da xornada

Bergantiños 0-1 Lugo

Tomiño 2-1 PM Friol B



Antas 2-2 Concello de Boiro

Monte Forte 2-4 Chantada

Ángeles brilla nunha xornada de apuros na Primeira

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 8

Ángeles brilla nunha xornada de apuros na Primeira

Diario dun mercado. Episodio 266

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *