Isto aconteceu cando fichei polo CD Castro para a súa aventura na Terceira División. Eu chegara coa temporada xa comenzada, en setembro. E Xaime, Tichu ou Dumi andaban sempre coa coña das anguías.
Sendo de Portomarín e tendo un restaurante, tiveron a ‘coña’ clara:
– «A ver cando traes unhas anguías oh», dicían con frecuencia.

Deixei pasar uns días a broma e chegou o momento. Nun adestramento aparecín con unha polos corredores do campo, mentres facían Core nas ‘esterillas’.


Estaba alí Xaime facendo unhas pranchas, cando de súpeto se atopou cunha anguía. Pero viva, non frita. Alí lla tirei.

Despois, non sabiamos que facer con ela. Ao final deixámola no tanque, no depósito de xeo que había na entrada ao campo para recuperar aos xogadores. Botou alí un par de semanas de mascota, mesmo viviu un partido. Pero creo que era algo gafe e o mellor foi levala de volta a Portomarín.
Javier Pérez Sánchez ‘Javicho’. Zurda exquisita, de regreso no seu Portomarín natal
