#Fútbol afeccionado #Feminino

Esther e Moji, goleadoras desatadas

O Lugo salvou unha xornada na que o resto de conxuntos lucenses non foron quen de levar o triunfo. As rapazas de Joaquín Blanco e Iria Rey sumaron os tres puntos na súa visita a un O Val, que conseguiu dous goles no tempo de desconto (3-4). A posesión foi blanquivermella e o perigo, especialmente por banda esquerda, tamén.

O partido semellaba controlado cos dous goles asinados ao inicio da segunda metade. Pero houbo suspense ata o final, quizais por un exceso de relexación. Esther marcou un hat-trick e Fanny Varela deixounos o golazo que se pode ver a continuación.

Gol de Fanny Varela


Pola súa parte, o Antas sacou un valioso punto na súa visita a Tordoia (1-1). Os goles, neste complicado e disputado partido, chegaron na primeira media hora. Mery, que regresaba de lesión, adiantaba ás rapazas de Jesús Melendo. E as locais empataban de dubidoso penalti quince minutos máis tarde. Meritorio empate tendo en conta as baixas por lesións e temas laborais, coas que contaba o Antas.



Xa na Segunda galega, só o Monte Forte foi quen de puntuar no campo do Bandeira (3-3). As monfortinas certificaron o seu dominio cun doblete de Moji e un tanto de Mougán. Iso si, so puideron levar un empate agridoce nun partido cun claro protagonista: o colexiado. O Monte Forte vencía por 0-3 a falta de vinte minutos para o remate e acabou deixando dous puntos.

Fanny Varela, na anterior xornada. ROBER CARREIRA

O resto da xornada rematou en derrotas para as nosas. O Carballedo cedeu por 1-2 ante o EF Lalín. Dous balóns ao pau, un penalti fallado e María Varela e Uxía lesionadas… Mañá para olvidar no Cuatro Vientos. Ao igual que o madrugón do Chantada en Santiso. As de Álex Cambeiro, que mandaban por 0-2 ata ben mediada a segunda metade sucumbiron nun choque disputado por culpa de quince minutos de desconexión. Irene debutou con gol.

Pecha a xornada esta noite (21.00 horas) o derbi entre San Roque e Milagrosa. As de Montirón agardan competir con garantías a pesares da súa escasez de xogadoras (teñen aínda as portas abertas a fichaxes). Por último, salientar que a Comercial descansou nesta xornada. Ao igual que o PM Friol e o seu filial.



Esther e Moji, goleadoras desatadas

Máxicos Primeira. Xornada 2

Esther e Moji, goleadoras desatadas

Chegan as II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *