Adrián Laureda e Julián Castaño recordaron vellos tempos nas I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. Aqueles nos que compartiron proxecto na coordinación da base do CD Lugo. A dupla técnica titulou a súa ponencia como: «Catro piares dun modelo de formación sostido no tempo».
«Habitualmente entendemos competir por ganar pero para nós e moito máis que iso»
Fixeron un repaso aos eixes fundamentais do seu traballo no club albivermello. Pouco máis de corenta e cinco minutos moi recomendables e que xeraron gran debate no salón de conferencias mariñán. Xa que ambos relatores propoñían situar no centro do proceso ao xogador. Aquí tedes a súa explicación e as respostas a tódolos interrogantes plantexados polos seguidores destas xornadas.
«O obxectivo primordial é a mellora individual do futbolista, colocar ao xogador no centro do proceso»
![]()
As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo. Nos vindeiros días seguiremos incorporando ao resto das charlas.
Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.
Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido. O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.