As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: El Norte de Castilla (Henar Sastre)

Fíxose de rogar pero chegou. O PM Friol conseguiu a  primeira victoria na súa segunda campaña no Reto Iberdrola. Tiveron que pasar cinco xornadas para desfrutar do doce sabor dos tres puntos, pero -se cadra- agora saben aínda mellor. Repasamos o choque na nosa sección semanal de fútbol feminino.

Foi no campo do CD Parquesol, que chegaba ao duelo con 4 puntos (mentres que o PM Friol chegaba como pechacancelas, 1 punto). Porén, as rapazas da Abraham Rodríguez asinaron unha gran actuación, que tivo premio. O partido comezou con bastante igualdade, levando algo máis de perigo as castelás, pero as lucenses tamén metían o medo no corpo das súas rivais. A gardamallas do PM Friol, a xapanesa Mío, protagonizou dúas increíbles paradas que permitiron chegar ao minuto 60 co 0-0 inicial. 

Foi nese momento cando chegou a de sempre. Lucía Pardo «LP» colleu o balón unha falta e clavou o coiro na escadra. 0-1. A partires de aí, as friolenses trataron de asegurar a victoria e defender, algo que puido saír moi caro, xa que o Parquesol logrou empatar no minuto 88. Porén, as galegas non estaban dispostas a ceder dous puntos tras telos tan preto, e Agnes (que entrara na segunda metade) conseguiu romper as liñas defensivas para facer o 1-2 definitivo no 92′.

Así foi a primeira victoria do PM Friol nesta 20/21, que serve ao clube presidido por Ángel Villar para respirar e afrontar con máis calma a vindeira xornada, na que se medirán ao filial do Madrid na Reigosa. Destacaron a porteira Mío e a dianteira LP!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.