Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada.
Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou o Burela. O conxunto verde asinou a Macly, Ismael e Iván, este último con pasado na base do cadro burelao. O Lourenzá continúa coas renovacións. Álex, Suso Foro e Javi Arruñada apuntalan a zaga do cadro de Ramallal, mentres que Álvaro, Aitor e Pichi seguirán na parcela atacante de Santa Cruz.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/08/lou10-300x168.jpg)
O Celta Barreiros fichou a Soto, atacante que chega desde o Catro Roldas onde rematou a temporada logo de comezala no Páramo. No grupo Sur de Segunda Autonómica o Palas renovou a Iván e Julián.
Castroverde e Antas tamén perfilan os seus cadros de xogadores. Os da Veiga do Olmo renovaron a Piedra, mentras que os do Castro Seoane asinaron a continuidade de Xurxo, Minguello, Marcos, Cris, Méndez e Luis
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)