
Coma se da mellor das telenovelas se tratase. Bóveda vive un episodio surrealista polo amor ao banco da ‘hacienda’ dos Hermanos Somoza. Os protagonistas indirectos son dous galáns de éxito na historia do fútbol afeccionado lucense. Cabanelas e Julio Corral, dous dos técnicos con máis sona na comarca, atópanse a facer cadanseu equipo amparados polas altas esferas do club da Terra de Lemos.

Unha versión que coincide coa de Julio Corral, o suposto novo adestrador do Bóveda. O experimentado técnico cóntanos a súa versión dos feitos.
«A min chamáronme vinte veces. Tiven dúas reunións con eles, aínda estiven o venres en Bóveda. Estiven tocando xogadores pero pola miña parte non hai problema. Os chavales cos que falei terían equipo para irse: Río Sil, Brollón… A pesares de que algún xa rexeitou ofertas».
De tódolos xeitos, o máis curioso desta situación sacámolo das propias palabras de Julio Corral. «Xa me pasou isto o ano pasado. Era finais de xullo e, obviamente, díxenlles que non. Ademais creo que xa estaba Cabanelas como adestrador». Así que agora, só podemos agardar. E ver como remata este esperpéntico conto. Un relato á altura do dos mellores guionistas. José María e Julio, como dicía a canción, dous homes e un mesmo destino.

