#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

As nosas redes falan

Sorteo aberto nas redes sociais de dúas inscricións para a Batalla do Racing Vilalbés

Por segunda edición os porteiros vólvense citar no artificial da Madalena. O Venres Santo está convocada a Batalla de Porteiros do Racing Vilalbés organizada polo adestrador de porteiros, Viusky, e polo gardamallas titular do primeiro equipo, Javi Pita. Dado o éxito de participación do ano pasado e a boa acollida nas primeiras semanas de inscricións abertas, en Futbolinlugo querémosvos agasallar. Dúas inscricións para calquera categoría están en xogo entre tod@s @s que participedes. Podédelo facer dende o twitter, no noso Facebook ou nas historias de Instagram.



Unid@s por unha paixón

Foi unha das grandes fin de semanas da provincia. Moi especial para os seareiros do “Derbi da Horta”. O Mondoñedo e o Lourenzá enfrontáronse na 26ª xornada da Segunda Rexional Grupo Norte. Un partido que comeza moito antes de que rode o balón. A semana xa foi intensa nas redes sociais de ambos clubs. O domingo pola mañá nas rúas de Mondoñedo xa resoaban os cánticos dun derbi que une. Un xeito afortunado de entendelo fútbol. Finalmente a vitoria foi para os visitantes. O Lourenzá mantense nos postos de ascenso e soña con subir de categoría. O Mondoñedo perdeu unha boa oportunidade de confirmar a súa presenza na categoría, pero mantense con puntos de marxe sobre a zona perigosa.

Nas redes sociais houbo de todo. Dende a unión das dúas afeccións ata o traballo de cada club por alimentar o ambiente de día grande. O Lourenzá volveu recorrer as súas dobraxes humorísticas. O Mondoñedo visitou o colexio do pobo. Co obxectivo de contaxiar as novas xeracións dos valores dun partido así. Se este é o camiño, hai esperanza para o futuro.

O legado de Canti

Foi a primeira fin de semana de fútbol sen Xosé Anxo Varela “Canti”. Pero de seguro que alí onde estea estivo moi pendente do seu Taboada CF. Desta volta a crónica quixo homenaxealo a el. E tamén todos os protagonistas do Taboada – Chantada Atlético. Os xogadores e o trío arbitral portaron camisolas de recordo a Canti.

Un cocido de campionato

O Alfoz aproveitou o último partido da competición regular para desfrutar despois de conseguir o ascenso. Como a visita era a Fonsagrada optaron por degustar xuntos (xogadores e afección) dun cocido marca da casa rival. O que igual non agardaban era que a dixestión fose tan ben. O cadro alfocense gañou o seu partido o que posibilitou, xunto co empate do Muimenta ante o Celeito, que o equipo finalice a liga na primeira posición. O campión do grupo norte regresa á Segunda Rexional dende o máis alto.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Fonsagrada 1️⃣????3️⃣ C.D Alfoz ⚽ Jose ⚽⚽ Martiño Tralo ascenso matemático acadado a pasada xornada no Municipal, Clube Deportivo Alfoz consigueu onte poñer o broche de ouro a este ano de renacemento proclamándose campión de Liga. A victoria lograda na Fonsagrada sumado ó empate do Muimenta ante o Celeiro fan que o equipo verdibranco remate a tempada no cumio da Terceira. O plantel, que viaxou pola mañá para comelo cocido coa afeción e celebralo troco de categoría atopouse con outra festa a tardiña. A victoria, con remontada incluída e as boas novas chegando dende Viveiro remataron con outra romería por segundo domingo consecutivo. Péchase o telón da Liga co obxetivo cumplido e o sentimento de pertenza a unhas cores e a un pobo renovado e mais vivo ca nunca. O ascenso é de todos!! Agora toca a Copa #rexurdindo #queanomaisbonito

Una publicación compartida de Clube Deportivo Alfoz (@clubedeportivoalfoz) el

Os ánimos do Xermade a Guille

A xornada de derbis tamén tivo un xermadino. O Xermade venceu na casa ao Cabreiros na Segunda Rexional. Unha vitoria na que un dos xogadores destacados foi o mediapunta Guille. O futbolista estaba facendo un bo encontro ata que na recta final tivo que marchar do campo. Un mal xiro de xeonllo en solitario impediulle continuar. O seu club facendo gala do seu bo facer este ano nas redes sociais, mándalle moito ánimo. E dende aquí tamén llo mandamos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *