Fran Veiga, adestrador do Pastoricense: «Que nos respeten as lesións, que a xente que está mancada se recupere canto antes e conseguir a salvación».
Óscar López, presidente do Lemos: «Que o Lemos logre o ascenso a Preferente».
Crespo, dianteiro do Monterroso: «A salvación do primeiro equipo. Estamos nunha situación un pouco delicada pero con ganas e esforzo manteremos sacarémolo adiante. E manteremos o clube na categoría que se merece. Desexo que a directiva siga traballando para que o Monterroso siga crecendo, que as categorías inferiores teñan as mesmas ganas de aprender e crecer como futbolistas e persoas neste clube».
Jairo, dianteiro do Burela: «Desexo que a SD Burela siga a medrar como o está a facer e se asente completamente na categoría. E que o grupo de persoas que o formamos, sigamos a disfrutar xuntos moito tempo. Arriba verdes!».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Esteban, defensa da Residencia: «Competir ao máximo na segunda volta para estar o máis arriba posible na clasificación. O meu desexo sería rematar ascendendo».
Miguel Osorio, directivo do Taboada: «Que a familia do Taboada CF sexa tan grande ou máis que agora. E poder disfrutar das novas instalacións sen moitas lesións».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Yebra, porteiro do Pol: «Non ter lesións graves, mellorar a primeira volta e manter o gran grupo que temos».
Juan Rodríguez, adestrador do Chantada: «Que todos os estamentos do clube sigamos tendo a ilusión que temos no día a día. Que ese sexa o camiño e os resultados cheguen como consecuencia delo».
Borjita, capitán do Páramo: «O meu desexo é que o Páramo faga algún punto na época das matanzas».
Juanjo Coello, dianteiro do Xove Lago: «Conseguir o obxectivo da permanencia canto antes e que o equipo acabe o máis arriba posible. Ademais disto, desexamos facer que o míster pague unha cea. Para iso necesitamos, polo menos, gañar catro partidos consecutivos».
Jon Vázquez, técnico do Friol: «Que o equipo siga deixándose a alma nos partidos e disfrutando en base á ilusión, ao compromiso e a non deixar de soñar».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Dani Renda, centrocampista do Outeiro de Rei: «Seguir disfrutando cun grupo marabilloso e ambicioso. Un grupo incrible».
Fran Regal, técnico do Chantada Atlético: «Que se recuperen os lesionados e non teñamos tan mala sorte neste aspecto. E desta forma recompoñer o equipo a nivel de adestramentos e competición».
Pedro Díaz, defensa do Riotorto: «Que a xente que segue e traballa polo Riotorto, esté orgullosa do seu equipo».
Villi, segundo adestrador do San Ciprián: «Pedimos o mesmo que todos estes anos. Pelexar ata o final a salvación e seguir outro ano na categoría. Non ter que lamentar ningunha lesión grave e dar o mellor de nós».
Pandiani, dianteiro do Atlético Escairón: «Intentar estar o máis arriba posible, sen obsesionarnos polo ascenso».
Andrés Bouza, técnico da Pontenova: «Que os xogadores sigan traballando coas ganas e ilusión coa que estiveron ata o de agora, porque os resultados serán a consecuencia dese bon traballo».
Palomo, dianteiro do Santaballés: «Que sigamos mantendo o bon ambiente polo cal sempre se caracterizou este equipo e que non teñamos lesións graves. Despois as cousas veñen soas; cando un vai adestrar de boa gana aplícase máis, o cal despois se ve no campo. Un bo clima de vestiario é esencial en calquera equipo. Máis se cabe nestas categorías nas que ninguén vive disto, nin moito menos».