Os Reis Magos do noso fútbol

Os días cinco e seis de xaneiro están marcados en todos os calendarios: a cabalgata dos Reis Magos, a tensión na noite previa á apertura dos agasallos, a ledicia e ilusión dos máis pequenos de cada casa… Porén, nestas datas cómpre tamén acordarse daqueles que teñen dificultades no seu día a día.

Iso precisamente foi o que realizaron catro clubes da provincia (Río Sil, CD Sober, CD Alfoz e Lourenzá). Estes disputaron dous encontros, un en cada lado da provincia, cun fin benéfico, de cara a axudar a unha familia que perdeu o seu fogar nun incendio no caso do Río Sil-Sober, e para recaudar cartos para axudar a unha nena que sofre  o Síndrome de Fires.

Ambos choques disputáronse o día 5 de xaneiro ás 16:00. Un deles, o celebrado en Alfoz, no que se conseguiu recadar 1000 euros entre os siareiros mediante a venta de rifas, e 200 que donou o conxunto invitado, o Lourenzá. Todos eles destinados exclusivamente á mellora da vida de Alexia, unha rapaza mariñá afectada por esta estrana enfermidade. O partido rematou con victoria para os locais, 4-3.

No caso do partido que se disputou do Luis Bodegas e que mediu a Río Sil e Sober, no que venceron os visitantes 2-3, recadáronse 3789 euros, todos eles para axudar a unha familia que hai pouco tempo veu a súa vivenda consumida polo lume nun tráxico incendio.

Agardamos que este tipo de iniciativas continúen a ter lugar na nosa provincia, e incluso, se pode ser, máis acotío! Desde aquí a nosa noraboa e o noso agradecemento aos equipos que participaron nestas causas benéficas.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.