O Iberia, líder da Segunda Futgal Norte

A batalla final da Segunda Futgal

A Segunda Futgal vivirá nos seus dous grupos auténticas batallas encarnizadas para decidir os seus ascensos.

Diario dun mercado. Episodio 442

Comezamos este novo episodio do noso Diario dun Mercado con novidades en varios conxuntos mariñáns de Primeira Futgal. O Foz anunciou a fichaxe do mediocentro Alberto. O experimentado futbolista retorna ao Martínez Otero, onde xa foi importante durante dúas temporadas, procedente do Xove Lago. O Lourenzá refórzase coa chegada de Miguel Barreira. O defensor retorna […]

Diario dun mercado. Episodio 425

Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]

Diario dun mercado. Episodio 420

Volvemos tan só horas despois do último Diario dun mercado. E con bombas!

Diario dun mercado. Episodio 406

Isto non para! Importantes novidades de adestradores e xogadores no Diario dun mercado

Páramo e Casás, á final do Torneo Delegación

A temporada achégase de forma irremediable ao seu fin. O Torneo Delegación xa coñece aos seus finalistas. Páramo e Casás xogarán por facerse co trofeo este domingo día 26 ás 17 horas no Municipal do Corgo. As semifinais amosaron o que xa se viu na liga regular e os catro conxuntos que ascenderon de forma […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

Goiriz e Sober, as dúas caras do terceiro posto

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros a un só paso do ser equipo de Segunda. Un triunfo diante do Comercial B outórgalle aos de Rubén Acebedo o ascenso sen ter que mirar a outros campos. O Casás caeu diante do Matela e fai que o […]

O Celta Barreiros queda ás portas do ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 15 déixanos ao Celta Barreiros con posibilidades matemáticas de ser equipo de Segunda Autonómica na vindeira xornada. Logo do triunfo traballado fronte ao Rioaveso, tres puntos diante do Celeiro xunto a unha derrota do Goiriz levaría aos de Rubén Acebedo de celebración. O Casás, segundo, mantén […]

A Piringalla e o Alfoz protagonizaron unha das eliminatorias entre equipos de Segunda e de Terceira na primeira fase da Copa Deputación 2024. A Piringalla gañou 4-0. A foto é de Roberto Carreira.

A Piringalla lidera as conquistas de 3ª na Copa

A Piringalla derrotou ao Alfoz. A Piringalla é un dos conxuntos da Terceira Rexional que eliminou a un equipo de Segunda na fase previa da Copa Deputación. Dos catorce partidos que xogaron un conxunto de 2ª e outro de 3ª, en cinco deles accedeu á seguinte eliminatoria o equipo de menor categoría. A Piringalla, o […]

O Páramo colle o temón no grupo sur

Rematou o ano futbolístico na Terceira Galicia e fíxoo con troco de líder no grupo sur. O Rubián perdeu o seu primeiro partido da temporada diante do Corgo e o Páramo, co seu triunfo fronte ao Taboada B, colleu o testigo dos de Senén López. O Sober venceu ao Relámpago Taboada e recurta diferencias cos […]

8 de 8 para o Celta Barreiros

Javi Andina foi un dos protagonistas na vitoria do Celta Barreiros ante o Goiriz para seguir coa xeira de oito vitorias

O Celta Barreiros abre oco no grupo norte

A sexta xornada de Terceira Galicia déixanos a sexta vitoria do Celta Barreiros, desta volta fronte a Comercial B. Os do Cascabeiro camiñan con paso firme no liderado do grupo norte e xa contan con cinco puntos de vantaxe sobre un Casás que foi quen de gañar no Ventiño ao Goiriz. O Castroverde curtou a […]

O Rubián colle o liderado do grupo sur

Logo de cinco xornadas disputadas, o Celta Barreiros é o único conxunto lucense que conta os seus partidos por vitorias na Terceira Galicia, e lidera en solitario o grupo norte. A tres puntos está o Castroverde, que logo da derrota no Cascabeiro na primeira xornada sumou os doce puntos seguintes. O debutante Casás asoma na […]

Diario dun mercado. Episodio 376

Con agosto á volta da esquina, o mercado segue moi activo. Por exemplo, o Guntín quere consolidarse na Primeira Galicia logo deste novo ascenso. Para iso, Kiko Sanfiz únese a Hugo Vázquez no corpo técnico dos do Ladairo. O preparador naronés está asentado na provincia desde o seu paso polo Racing Villalbés, desde onde chegou […]