#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 376

Con agosto á volta da esquina, o mercado segue moi activo. Por exemplo, o Guntín quere consolidarse na Primeira Galicia logo deste novo ascenso. Para iso, Kiko Sanfiz únese a Hugo Vázquez no corpo técnico dos do Ladairo. O preparador naronés está asentado na provincia desde o seu paso polo Racing Villalbés, desde onde chegou á base do CD Lugo.

Un pouco máis ao sur, o Chantada Atlético segue reforzando o seu proxecto para a nova temporada. A última incorporación, a do contrastado defensor Ivo, que chega desde o Escairón e que ten pasado en outros equipos da comarca como Bóveda, Lemos ou Sarriana.

Na Terceira Galicia, dous conxuntos recén descendidos ao Grupo Norte queren voltar o antes posible á Segunda. O Celta Barreiros anunciou a fichaxe do focense Anxo Marqués, que vivirá a súa segunda etapa na zaga do conxunto barreirense, mentres que Lucho tamén regresa á que xa foi a súa casa, neste caso o Goiriz.

No Grupo Sur, o Páramo pretende fuxir canto antes dunha categoría que se agarda moi competitiva nesta 23/24. Para facelo, renovan ao gardamallas Javi López, un seguro baixo paus.



Diario dun mercado. Episodio 376

Diario dun mercado. Episodio 375

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *