Non é a primeira vez que falamos con Sergio Cabanelas. E é que, de novo, o xogador monfortino volver ser novidade. Esta vez, pola súa fichaxe polo Bóveda e a súa retirada das porterías. A partir de agora, o que fora canterano do Real Madrid e internacional sub-17 non volverá a poñerse baixo o longueiro.

O porqué? Unha nova recaída da súa lesión no ombreiro, que lle obrigaría a volver a pasar por quirófano no caso de querer reincorporarse ao que era o seu clube ata facer ficha co Bóveda, o CD Barco da Terceira División. Hoxe falamos con Sergio para saber os motivos que lle levaron a formar parte do equipo bovedense.

FUTBOLINLUGO: Ola Sergio. Para comezar, en que momento decides poñer definitivamente por diante do fútbol o teu corpo?

SERGIO: Bueno, con tan só 22 anos e con dúas operacións a miña espalda, ter que operarse una terceira vez para xogar nunha categoría na que non se vive do fútbol fai que te plantees outras cousas.

 

FUTBOLINLUGO: Ten que ser duro pasar de representar ao teu país a xogar en Primeira Autonómica, tendo en conta que todo se viu truncado polas lesións…

SERGIO: Son cousas que ten que vivir un futbolista, e a min tocoume así, pero as cousas cando veñen malas hai que afrontalas. Agora cambiei de vida, estou traballando, así que entro nunha nova etapa da miña vida.

Metinme nalgunha pachanga cando faltaba xente… e fun vendo que o meu ombro estaba a responder ben, así que decidín probar sorte.

FUTBOLINLUGO: Cales son os motivos que te levan a fichar polo Bóveda?

SERGIO: Máis que nada que o adestrador é o meu pai, e xa levaba un mes adestrando con eles e botándolle una man cos porteiros. Comecei a estar con eles, metinme nalgunha pachanga cando faltaba xente… e fun vendo que o meu ombro estaba a responder ben, así que decidín probar sorte.

 

FUTBOLINLUGO: Entrarás en todas as convocatorias?

SERGIO: Depende. A idea é encher a convocatoria cando non haxa xente suficiente, pero o que fago en principio é adestrar e o que quero é axudar ao clube e ao meu pai.

 

Sergio Cabanelas na súa etapa no Racing de Ferrol na Segunda B

FUTBOLINLUGO: O sorprendente é que non vas xogar como guardameta. Que posición desempeñarás entón?

SERGIO: Xogarei na posición onde menos moleste (risas).

 

FUTBOLINLUGO: Coñecías xa a algún dos compañeiros do Bóveda?

SERGIO: Si, teño amigos da miña pandilla ou incluso xente de Monforte coñecida de sempre.

 

FUTBOLINLUGO: Tes pensado seguir no mundo de fútbol de agora en adiante, por exemplo, adestrando a rapaces?

SERGIO: De momento non teño nada pensado. Estou traballando e tamén no Bóveda, pero nun futuro tería que mirar diferentes opcións.

 

FUTBOLINLUGO: Gracias por atendernos, Sergio.

SERGIO: A vós!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*