A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) camiña con paso firme cara o inicio do curso futbolístico máis incerto da historia. Hoxe vén de anunciar un aumento na reducción das cotas da mutualidade (do 10,5% inicial a un 15%). Onte comezou unha rolda de reunións cos diferentes clubs galegos. E que chegará a Lugo mañá, cos equipos da Preferente. E a vindeira semana, co resto de clubs do noso balompé afeccionado.

Dende Futbolinlugo quixemos indagar no contido desas reunións, para facervos o primeiro adianto. Así que volvemos falar coa nosa persoa de referencia, sempre disposta e receptiva con esta casa. O vicepresidente Carlos Negrín respondeu a todas as nosas preguntas.

PROTOCOLOS

«Toca esperar. Contamos co protocolo do Consello Superior de Deportes (CSD) o 14 de setembro para os clubs de Segunda División B e Terceira. Agora mesmo se queren adestrar con contacto, teñen que facer un test serolóxico cada quince días, algo moi complicado a nivel económico».

PLANS COMPETICIONAIS

«Serán presentados aos clubs nesta semana e na que vén. Queremos, temos a intención de empezar a competición neste 2020. Quizais novembro. Pero dependemos de moitas cousas. A pandemia, principalmente. Iso si, deixaremos 5-6 semanas para a posta a punto e os amigables».

FÚTBOL BASE

«Os colexios van ser os termómetros. Así o dixo a propia Xunta de Galicia. A partir de aí miraremos. O tema das instalacións é outro moi importante».

COPA DEPUTACIÓN 2019-2020

«Xogaríase antes de que comezase a propia competición. Somos a provincia máis afectada por este tema, queremos que os clubs teñan eses ingresos nestes tempos. Quedamos en valorar o formato. A idea é seguir a folla de ruta marcada pero se nos vemos apurados e non dispoñemos de datas poderían entrar en xogo o partido e sede única«.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*