O fútbol veterán comeza un novo curso

O fútbol veterán está ante as portas dun novo comezo dos campionatos. Para varias parroquias ou concellos os veteráns son os únicos que aínda manteñen o espírito do balompé con vida e fan desfrutar cada fin de semana os seus familiares e vecinos. Para iso, poñemos a vosa disposición os calendarios das tres categorías do fútbol veterán lucense.

A Primeira Autonómica Provincial comezará a segunda fin de semana de setembro. O primeiro clasificado desta competición participará no Campionato Galego. Pola súa banda, os tres últimos equipos da táboa clasificatoria ao final da temporada descenderán á Segunda. En total trinta xornadas para seguir practicando o que a un máis lle gusta.

Na estrea da competición, o Pol, campión da liga na temporada pasada, visita ao Guntín; mentras que o Atlético Illán que finalizou segundo cunha moi boa xeira de resultados no último tramo da competición recibe na casa ao Lambruxos de Sarria. Hai que destacar que a décimo novena xornada que se ía desputar a fin de semana do Entroido, adiántase para o 7 de xaneiro.

A Primeira provincial de veteráns comeza na mesma fin de semana ca Segunda e Terceira sénior

As citas máis destacadas, á marxe da importancia dos puntos que poida xerar a propia competición, chegan nos duelos de maior proximidade xeográfica. Destacarán os encontros entre os catro equipos sarrianos e os tres begonteses. Na xornada 3 xógase un Begonte FV – AD Vet. Saavedra e na catro un AD Vet. Saavedra fronte ao Atlético Illán. O primeiro derbi sarriano desputarase na segunda fin de semana de outubro entre o Trasnos FV e o FV Lambruxos Sarria. Na xornada seguinte xogarán os outros dous conxuntos sarrianos: AD Vet. Sarria – Sarriana FV.

Para a segunda fin de semana de novembro queda o Begonte FV- Atlético Illán. Na xornada 12 cae outro derbi sarriano: AD Vet. Sarria – Trasnos FV; mentras que para a primeira semana de decembro tocan o FV Lambruxos Sarria co AD Vet. Sarria e o Trasnos FV co Sarriana FV.

Consulta o calendario completo descargando o seguinte arquivo: primeira_provincial_veterans

Non obstante, a primeira categoría de fútbol veterán que abrirá a temporada será a Primeira Autonómica Local na que participan equipos do concello de Lugo e algún dos arredores como o Outeiro de Rei. Serán 34 xornadas de máxima emoción por pásalo ben e gañarlle cada semana ao veciño. Non faltará na categoría, o campión do curso pasado, o ADC Sagrado Corazón.

A liga local de veteráns comeza na mesma fin de semana ca a Primeira Galicia sénior

Consulta o calendario completo descargando o seguinte arquivo: primeira_autonomica_liga_local

A mesma fin de semana comeza a Segunda Autonómica Provincial que contará este ano cun equipo máis ca o pasado. Incopórase o CD Codesido (despois de que hai un ano desaparecera o conxunto sénior), polo que o número de equipo pasa de catorce a quince e cada xornada un dos conxuntos descansará. Precisamente é o Codesido o que abre a competición cun dos duelos máis chamativos, xa que se enfrontará no campo da Liga ao seu veciño, o AD Vet. Santaballés. 

Os vixentes campións, os veteráns de Román iniciarán a temporada na casa ante o Sarria SD

O gran número de equipos de parroquias vilalbesas fai que na maior parte das xornadas haxa derbis interparroquiais. Ademais de CD Codesido e AD Vet.Santaballés, tamén competirán o AD Vet. A Canteira, o CD Albense e o AD Vet. Sancobade. Outra das citas máis destacadas chegará na xornada 10, xa que se enfrontarán os dous equipos do municipio de Rábade (que este ano tamén terá equipo en competición sénior): o Enxebre/Rabadense e o CD Rábade Vet.

Consulta o calendario completo descargando o seguinte arquivo: segunda_autonomica_provincial

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*