O VI All Star, en imaxes: Lugo Norte – Lugo Sur (I)

A histórica remontada do conxunto de Lugo Norte quedou inmortalizada pola cámara do noso Diego Díaz. Lembramos o duelo que abriu a xornada do All Star cunha galería de imaxes para a posteridade. O cadro que dirixían Héctor Expósito e Pili Neira remontou o 0-2 co que se impuxera ao comezo a selección do sur […]

Canario no All Star Futbolinlugo

Mañá e o día do fútbol lucense

Mañá. 16.30. O Acebreiro, Pastoriza. Mañá. Unha nova edición da gran festa do fútbol lucense. Xogadoras, xogadores, corpos técnicos e seareiros —da man de Futbolinlugo— darémonos cita no campo pastoricense para celebrar, un ano máis, o final de temporada. Un ano máis que remata, e unha nova pretemporada que non tardará en comezar. Pero, antes, […]

Nuria Louzao, SD Antas: ‘Imos xogar seis rapazas do Antas, é un orgullo’

Nuria Louzao é unha xogadora All Star. Quere dicir isto que está convocada ao All Star, claro. Pero é unha xogadora All Star diferente. Porque leva tantas convocatorias como edicións. 6 de 6. Pleno absoluto para a futbolista da SD Antas, que vén de culminar unha campaña excepcional co seu conxunto e poñerá o broche […]

Kanu, UD Pastoricense: ‘Continúo co que me propuxeron a min hai moitos anos’

Martín Andión Costa ‘Kanu‘ leva toda unha vida vencellado ao seu club, a UD Pastoricense. Este curso foi un dos xogadores máis destacados do seu equipo e da súa categoría, con moito protagonismo sobre o verde e cinco goles. Eses datos servíronlle para estar convocado ao VI All Star Futbolinlugo, que terá lugar na súa […]

Coñece aos protagonistas do VI All Star Futbolinlugo

O Acebreiro xa sabe quen serán os protagonistas que se vestirán de curto na tarde do 27 de xuño para deleitar, un ano máis, ao público lucense. Pastoriza tinguirase de gala e desfrutará dos e das futbolistas máis destacados da temporada 2025/2026 para poñer o broche de ouro ao curso na provincia. En primeiro lugar, […]

Faltan cinco días para o VI All Star Futbolinlugo

Dentro de tan só cinco días estaremos no Acebreiro para celebrar, un ano máis, a gran festa do fútbol lucense. Pastoriza agarda polos e polas protagonistas dunha tarde que quere quedar na lembranza. Para os despistados, lembramos o programa da sexta edición do All Star. A sesión comezará ás 16.30 co partido feminino. Un combinado […]