Trío de Ases Terceira (Xornada 20) e Preferente (Xornada 22)

Xornada sen vitorias lucenses na Terceira. O Polvorín arañou un punto ante a S.D. Compostela, mentras que o Racing Vilalbés caeu no feudo do pechacancelas. Na Preferente, o Viveiro goleou en San Tirso e o Ribadeo gañou no sempre difícil campo do Sofán. O Castro saiu goleado de Boimorto e o derbi provincial entre Foz […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 21)

O encontro máis atractivo da Preferente disputado entre Viveiro e As Pontes caeu do lado visitante, mentras que Sarriana e Ribadeo sacaron adiante os seus encontros como locais. O Foz foi quen de gañar no campo do Dubra, mentras que o Castro caeu no Arturo Pereiro. Na Terceira, o Racing Vilalbés puxo contra as cordas […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Xa con vinte xornadas disputadas na Preferente, é momento de facer un renconto de puntos para ver como está a carreira por fomar parte do equipo das estrelas. O mes de xuño xa está á volta da esquina e a Marosa agarda polo All Star Futbolinlugo, polo que se non estades nesta primeira clasificación non […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 20)

Os equipos lucenses de Terceira rematan o ano 2018 en postos de descenso logo de dúas derrotas como locales de Polvorín e Racing Vilalbés. En Preferente, o Viveiro despide o ano na segunda posición logo do empate en Arzúa, mentras que a Sarriana, malia sumar outro encontro sen gañar, mantense nos postos de privilexio. Gran […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 17) e Preferente (Xornada 19)

Non foi unha boa xornada para os equipos lucenses. Tan só dous triunfos, os do Racing  Vilalbés na Lomba ante o Arousa, e o do Viveiro, que segue imparable, ante o Arteixo. Non puido sacar nada positivo o Polvorín no campo do Alondras, nen o resto de conxuntos da Preferente, que pecharon hoxe a primeira […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 18)

A xornada en Terceira deixounos resultados positivos, co triunfo do Polvorín e o empate do Racing Vilalbés ante o Compostela. Na Preferente, destacamos o primeiro triunfo da temporada do Castro e tamén a victoria do Viveiro que se coloca segundo. Empate no derbi mariñán entre o Ribadeo e o Foz e derrota da Sarriana, que […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

A xornada número dezasete na Preferente Norte déixanos os triunfos de Viveiro e Foz nos derbis provinciais ante a Sarriana e o Castro respectivamente, e a debacle do Ribadeo no campo do Ordes. O que se prevía como un derbi igualado entre dous equipos da zona alta rematou en goleada. O Viveiro está en estado […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 15) e Preferente (Xornada 16)

A xornada en Terceira deixounos a derrota do Racing Vilalbés ante o Paiosaco e un gran empate do Polvorín nas Eiroas ante o Bergantiños. Na Preferente, dous triunfos importantes alén das nosas fronteiras: os do Viveiro e Foz, claves nos seus obxectivos, o empate do Ribadeo e as derrotas do Castro e a inesperada da […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 14) e Preferente (Xornada 15)

Esta xornada déixanos triunfos importantes e derrotas dolorosas. O Racing Vilalbés acadou un triunfo importante ante un rival directo, a Sarriana logrou os tres puntos en Arteixo, o Viveiro dobregou ao Puebla en Cantarrana e o Foz reecontrouse coa victoria no Martínez Otero. Na parte negativa, o Ribadeo saiu goleado no campo do líder e […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 13) e Preferente (Xornada 14)

Os triunfos lucenses na Terceira non teñen continuidade ata o de agora. Se na pasada xornada celebrábamos que Polvorín e Racing Vilalbés lograban sendas victorias, desta volta ámbolos conxuntos caeron derrotados. Na Preferente, Sarriana e Viveiro gañaron a domicilio, o Ribadeo caeu no Pepe Barrera, mentras que Foz e Castro foron goleados por Sofán e […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 12) e Preferente (Xornada 13)

Polvorín e Racing Vilalbés agasalláronnos con dous triunfos importantes na Terceira División, mentras que na Preferente o derbi mariñán caeu do lado do Ribadeo nun vibrante final, empates na casa de Sarriana e Foz, e abultada derrota do Castro no campo do Arzúa. Segundo triunfo consecutivo dun Polvorín que parece que comeza a tomarlle a […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 12)

Xornada marcada polo derbi de Terceira, que gañou o Polvorín na estrea de Simón Lamas como adestrador do Racing Vilalbés. Na Prefrerente, primeira derrota da Sarriana, goleada do Viveiro no Arturo Pereiro ante o Castro, triunfo pola mínima do Ribadeo e debacle do Foz ante un rival directo como o Agolada. Tivo que remontar o Polvorín […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 11)

A xornada disputada o día de Santos deixou resultados do máis variado para os conxuntos lucenses. As peores novas chegaron desde Foz, mentras que o Castro sumou un punto insuficiente, o Viveiro amosou a súa mellor versión e a Sarriana rematou coa imbatibilidade ribadense. O derbi provincial entre a Sarriana e o Ribadeo quedou na […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 10)

A décima xornada trae malas novas para os noso equipos da Terceira: Racing Vilalbés e Polvorín caeron derrotados. Mentras tanto na Preferente, a Sarriana continúa imparable logo de vencer ao Castro no derbi provincial, o Ribadeo gañou na casa, e o Viveiro e o Foz sumaron un punto. O Racing Vilalbés sucumbiu na Madalena (0-2) […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 9)

A novena xornada de Terceira e Preferente tan só nos deixa unha derrota dos equipos lucenses. Foi a do Castro no campo do Dubra. Polvorín, Sarriana, Ribadeo e Viveiro sacaron adiante os seus encontros, mentras que Racing Vilalbés e Foz sumaron un punto a domicilio. Importantísimo triunfo, tanto a nivel anímico como clasificatorio, do Polvorín […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 8)

Outra xornada máis sen triunfos en Terceira. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena ante o Ribadumia e o Polvorín caeu derrotado na súa visita a Redondela para medirse ao Choco. Na Preferente, a Sarriana suma e segue, mentras que o Foz está a facerse forte no Martínez Otero, onde venceu ao San […]

Destacados Primeira. Xornada 6

*Friol-Monterroso: Un Monterroso plagado de baixas cedeu ante unha boa versión do Friol. Pasada a media hora de xogo, os de Jon Vázquez encarrilaron o encontro con dous goles. Dabouza recurtou diferenzas antes do descanso. Na reanudación, o Friol tivo ocasións para sentenciar pero non o fixo ata moi preto do remate. Brais aproveitou un […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

Viveiro e Sarriana acadaron os únicos triunfos dos equipos lucenses de Terceira e Preferente, nunha séptima xornada, na que a traxectoria de varios conxuntos comeza a ser preocupante. O Racing Vilalbés colleitou na tarde do sábado a cuarta derrota consecutiva. O cadro de Xoan Peón amosou unha boa imaxe perante o Bergantiños, líder invicto da […]

Destacados Primeira. Xornada 5

*Pol-Pastoricense: Cuarta victoria consecutiva para o Pol. O cadro de Abad encarrilou o encontro na primeira metade e fixo o 3-0 ao comezo da reanudación. Ese tanto espoleou aos de Fran Veiga, que conseguiron recurtar as diferenzas a un só gol. Nos últimos minutos, o Pastoricense dispuxo de dúas ocasións a balón parado para poder […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 6)

Dúas derrotas para os nosos representantes na Terceira. O Polvorín non puido sacar nada positivo de Calabagueiros e caeu derrotado por un tanto a cero ante o Barco, nunha tarde de abafante calor, tendo que realizar unha pausa para hidratarse. Os de Durán tiveron ocasións para adiantarse por medio de Rayco, Quezada e Pablo Rey, […]