Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 21)

O encontro máis atractivo da Preferente disputado entre Viveiro e As Pontes caeu do lado visitante, mentras que Sarriana e Ribadeo sacaron adiante os seus encontros como locais. O Foz foi quen de gañar no campo do Dubra, mentras que o Castro caeu no Arturo Pereiro. Na Terceira, o Racing Vilalbés puxo contra as cordas á U.D. Ourense, pero caeu derrotado e seguen en descenso, mentras que o Polvorín sacou un punto do campo do Paiosaco.

Empate do Polvorín (1-1) na Porta Santa ante o Paiosaco, equipo co que pelexou a pasada campaña polo ascenso de categoría. Punto insuficiente, pero que serve para rachala xeira de dúas derrotas consecutivas e manterse fóra dos postos de descenso. A primeira metade foi desuperioridade lucense, culminada co gol de Antón Escobar, o seu oitavo tanto na temporada. O propio Antón, así como Cuadrado e Juan Brunet tiveron ocasións para marchar ao descanso cunha ventaxa máis ampla. A segunda metade foi de dominio local, acadando o empate logo do primeiro cuarto de hora. A falta de dez para o final, Álex Rey tivo a ocasión máis clara para que os de Durán poideran sumalos tres puntos.

Derrota do Racing Vilalbés no Couto ante a U.D. Ourense (2-1). Os de Simón Lamas seguen en postos de descenso a Preferente, aínda que puxeron en moitos apuros a un dos galos da Terceira. Os chairegos defenderon ben as embestidas dos de Fernando Currás na primeira metade e mesmo puideron adiantarse por medio de Álex Pérez. Logo da reanudación, aínda que foron os ourensáns os que levaron a iniciativa no xogo, o central Xusto puxo por diante ao Racing no minuto 63 logo de rematar unha falta lanzada por Edrosa. Pero pouco durou a alegría, e a U.D. Ourense logrou remontar con goles de Marquitos e Hugo.

O Viveiro non puido co As Pontes, que logrou vencer en Cantarrana (1-2) con goles de dous viveirenses. Os mariñáns desaproveitaron a ocasión de seguir en postos de ascenso directo. Foi un encontro igualado, que se lle puxo de cara aos locais cun gol de Marino. O de Meira marcou en posición ventaxosa tras un bo pase de Álex Meitín. Precisamente, o capitán viveirense puido facelo segundo gol tan só uns instantes despois, pero o seu lanzamento  desde a frontal bateu no pao. Malia que As Pontes apretaba, o Viveiro atopábase cómodo saíndo á contra. Foi nun contragolpe cando chegou a acción polémica do partido. Álex Cabarcos fíxolle falta por detrás a Marino cando este marchaba en dirección á porta rival. O colexiado ensinoulle cartón marelo, mentras os locales reclamaron o vermello. Que o viu foi o adestrador local Chusky ao protestar esta acción e Marino abandonou o campo lesionado. Tan só uns minutos despois un penalti na área viveirense foi transformado por Bossa acadando o empate.  O Viveiro desactivouse e o cadro pontés aproveitou a situación. Erni, que entrara na segunda metade, disparou desde o costado dereito, o balón bateu nun defensa e Kiko non puido atallalo balón. Segunda derrota para o conxunto da cidade do Landro nos últimos dezaoito encontros. Rego, Bossa, Fidi, Óscar Rivas e Erni foron os viveirenses que xogaron no conxunto visitante.

A Sarriana volveu gañar, seis xornadas despois, por catro goles a un ante o Ordes. O debutante Diego Arias foi o protagonista do encontro ao anotalos dous primeiros tantos e dar a asistencia no cuarto a Rubén Díaz. Os sarriaos tiveron ocasións na primeira metade pra ampliala diferencia no marcador. Nun discutido penalti, Víctor anotou o gol do Ordes. Poucos minutos despois, Álvaro volveu distanciar aos de Alberto López, tras superar por alto ao meta visitante.

O Ribadeo logrou o segundo triunfo consecutivo, superando por catro tantos a dous ao Atlético Coruña Montañeros. O comezo dos de Rafa Casanova non convidaba ao optimismo. Antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo, Javi Suso, culminou unha contra adiantando aos visitantes ante a pasividade da defensa local. Os seguintes minutos foron de desconcerto dos mariñáns, gozando Herbert e Álvaro con ocasións para incrementalas diferencias. O Ribadeo repúxose da mellor maneira: co empate. Logo dun bo roubo de balón de Brais, foi Poratti desde a frontal o que igualou a contenda. A partir de ahí, os ribadenses fixéronse co control do partido, e puideron adiantarse cun bo tiro de Isma que rexeitou o gardameta Lestón. Na segunda metade Dani Prieto, incorporado ao ataque, culminou unha gran contra poñendo ao Ribadeo por diante no marcador. A entrada de Currás no ataque visitante deulle outro aire aos pupilos de Mariño e foi o propio dianteiro o que aproveitou un erro defensivo mariñán para acadalo empate a falta de quince para o final. Tan só cinco minutos despois Brais rematou un bo saque de córner de Javichu para adiantar de novo aos locales. Co Montañeros volcado a polo empate, unha gran contra de Aitor foi rematada por Vizoso facendo o cuarto e definitivo tanto.

Importantísimo triunfo do Foz por un tanto a tres no campo do Dubra, rival directo na pelexa pola permanencia. Os de Gayol non comezaron ben, e aos tres minutos, nun erro defensivo, Gonzalo adiantou ao cadro local. Malia mellorar co paso dos minutos, o empate non chegou ata a segunda metade. O Dubra quedouse con dez xogadores, e na mesma xogada, Gonzalo desta vez marcou na súa propia portería para igualala contenda. Jesús Pablo, á saída dun córner, deulle a volta ao marcador, e o canteirán Antón sentenciou logo dun bo pase de Rivera.

O Castro caeu no Arturo Pereiro ante o Sofán (1-4) nun encontro no que os de Brais Prados recibiron tres tantos en outros tantos saques de esquina. Os de Carballo adiantáronse aos seis minutos de xogo, pero o burelao Javi Fraga acadou o empate tan só dez minutos despois. Pero a febleza defensiva dos chairegos deulle a oportunidade aos de Iván Cancela de marchar ao descanso por diante logo de marcar o segundo tanto Fabián.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario