Xa pasou moito tempo desde o último enfrontamento, tanto que incluso moitos dos seareiros de ámbolos clubes nin se lembran do último. Máis de oito anos sen que o Iberia e o Celta Barreiros se vexan as caras nun encontro ligueiro, pero este sábado ás 16:15 horas enfrontaranse de novo coas Valgas como esceario. O […]
O Ferreira CF manténse ao frente da clasificación da Segunda Sur. Parte dese logro débese a súa imbatibilidade no seu feudo, O Baliño. Aí venceron de novo este domingo á SD Paradela. No campo estivo presente Leti Fernández, autora desta gran galería fotográfica!
O CD Brollón foi superado o pasado domingo polo Ferreira CF, que pasou como unha apisonadora por Os Medos e venceu por 0-4. No partido estivo unha das nosas mellores fotógrafas colaboradoras, Mariluz Fagín, que nos deleita con esta galería!!
Chega a sexta xornada na Segunda Autonómica. Malia que é cedo para valorar a traxectoria dos equipos nesta temporada 2019/2020, moitos xa toman un ou outro camiño. Ferreira e Páramo son dous equipos con historia chamados a pelexar polos postos de cabeza do grupo sur. Enfrontaranse este domingo ás 16 horas no Baliño. O Ferreira, […]
O pasado domingo, o Ferreira asaltou o Municipal de Becerreá, saíndo da Montaña con tres puntos e un resultado moi positivo, 1-5. Porén, o choque foi máis igualado do que reflicte o marcador, non hai máis que ver as mellores imaxes do mesmo, asinas por Leti Fernández!!
A pasada semana Mariluz Fagín estivo en Ferreira, onde presenciou a victoria dos locais ante o recén ascendido Río Sil. Ademáis, inmortalizou o choque con esta gran galería!!
Fotógrafo: Marcos Fernández
Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!
Máis de sete anos pasaron xa desde o último encontro do Celta Barreiros en Segunda Autonómica. Foi un 29 de abril de 2012 no campo do Candelaria onde o cadro celeste dixo adeus a unha categoría, á que contaba voltar moito antes. O paso do tempo mermou as esperanzas de plantillas que eran competitivas e […]
Isto non para. En canto nos despistamos durante unhas horas e comezamos a revisar as redes sociais, atopámonos cun enorme número de novas no fútbol da nosa provincia. Uns que din «adeus», outros que deciden continuar nos seus clubes, os hai que comezan novas etapas… todo iso e moito máis, nesta edición do Diario dun […]
Cun número capicúa comezamos os diarios «despois do All Star». Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!
En plena organización do I All Star Futbolinlugo, tamén nos achamos inmersos nun momento chave no mercado de fichaxes. As pezas máis cotizadas do mesmo dispútanse entre os distintos clubes, mentres outros apostan por novas xoias ou por dar continuidade aos seus cadros de xogadores!
O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.
Coa resaca do Arde Lucus e as diferentes verbenas aínda presente, o mercado de fichaxes non perdoa e continúa a moverse. Hoxe repasaremos as máis recentes novedades, desde a Terceira Nacional até a Terceira Galicia.
O Meira avanzaba a pasos axigantados na copa da Segunda e a Terceira. Así, hai dous fines de semana superou 5-1 ao Mondoñedo, clasificándose así para os cuartos de final da copa, onde caerían a pasada semana ante o Roupar. Josune Bargueiras, fiel seguidora do Meira, presenciou o último partido na casa dos meirenses, e […]
Xa hai un par de semanas que o Meira se despediu da competición regular na casa, e o fixo ao grande, vencendo 4-1 ao Cervo. Josune Bargueiras asistiu ao choque e regalounos aos amantes do fútbol amateur esta gran galería de imaxes!
Xa non vai máis. Chega a derradeira xornada en Segunda Autonómica. No grupo Norte todo o peixe vendido na zona alta cos ascenso de Folgueiro e Lourenzá, pero no grupo Sur agárdanos unha xornada que non pode ser máis emocionante, con cinco equipos con posibilidades matemáticas de acadalo ascenso. C.D. GUNTÍN – PALAS C.D. (DOMINGO […]
A pasada fin de semana pelexaron polos puntos no Municipal de Becerreá o equipo local e o San Roque. Os intereses de ambos conxuntos son moi diferentes… uns buscan a permanencia, mentres que os visitantes pelexan polo salto de categoría. Finalmente, a vitoria quedou na montaña, polo que todo se decidirá na última xornada.