Destacados Primeira. Xornada 34

*Pastoricense-Taboada: O conxunto do Acebreiro logrou o punto que precisaba para pechar a salvación. O Pastoricense marrou un penalti antes de que o Taboada se adiantase. Kanuto fixo que o desgusto durase pouco ao marcar antes do descanso. Na reanudación, o cadro local aguantou as boas acometidas dos branquiazuis. Anunciamos en primicia que Martín Murado […]

Destacados Primeira. Xornada 33

*Ferreira-Chantada: Bo comezo dos de Juan, que se adiantaron no marcador. O Ferreira empatou e igualouse o choque ata o descanso. Na última media hora, o Chantada foi a polo partido e os locais quedaron cun home menos por unha lesión. No minuto 90, unha falta levou os tres puntos para o Sangoñedo. Aínda tiveron […]

Sarriana-Julio Corral: binomio de éxito

Na Ribela tíñano claro este verán. A aposta era Julio Corral, un auténtico especialista en ascensos. O preparador soberino colecciona diversos éxitos pola zona sur da provincia, onde logrou subir de categoría ao Lemos, Calasancio, Ferreira… E tamén á propia Sarriana con anterioridade. Na vila eran conscientes de que igual non ían ver cada domingo […]

Destacados Primeira. Xornada 31

*Riotorto-Bóveda: Encontro moi abero entre dous equipos que só se xogaban os tres puntos. O Riotorto adiantouse na primeira metade, na que tamén viu como lle anulaban un gol. Os de Cabanelas reaccionaron na segunda metade e mesmo estamparon un balón no longueiro en tempo de desconto. *Ferreira-Pontenova: Igualdade no Baliño. O Ferreira non lle […]

Os resultados que implican ascensos no último domingo de abril

Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender) Burela 4-0 Ourol Pol 4-0 Iberia Folgueiro 6-0 Meira Chantada Atlético 3-0 San Lázaro 6-0 Oural A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

Destacados Primeira. Xornada 30

*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz. *Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder […]

O partido da xornada . . . o ascenso a Segunda xógase a tres bandas

A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Destacados Primeira. Xornada 28

*Pastoricense-Ferreira: Dani marcou para o Pastoricense aos 37 segundos. Denis respondeu no ecuador da primeira metade cun dos goles da temporada, dende uns 60 metros. Os de Vittín levaron a victoria con dous goles nos últimos dez minutos. O Ferreira necesita case un miragre para salvar a categoría. *Xermade-Riotorto: O Riotorto castigou en exceso ao […]

Macía: «Somos un bloque e o equipo sabe sufrir»

A Sarriana vén de alcanzar o liderado e mete a directa cara a próxima Preferente. Falamos cun dos seus xogadores de referencia: o gardamallas Marcos Macía. FUTBOLINLUGO: Boas Marcos. Despois de moitas xornadas, a Sarriana xa está no primeiro posto. Como está o equipo? MACÍA: Estamos ben pero quedan sete partidos. Por agora estamos ben, […]

Destacados Primeira. Xornada 27

*Ferreira-San Roque: Importante victoria do San Roque para acercarse á permanencia. Nun terreo de xogo impracticable, o gol de Sergio preto do pitido final dictou sentenza. O xogo directo e os balonazos foron unha constante obrigada. *Valadouro-Páramo: Unha parte para cada equipo no Árbol. Maseda adiantou aos de Julio Castro nunha primeira metade na que […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

Marzán (S.D. Sarriana): «Somos unha piña, hai un gran ambiente no vestiario»

Nas últimas semanas estámonos acostumando a que un xogador faga un hat trick sen ser un «9». A calidade dos xogadores da provincia fai que a xente do mediocampo sexa capaz de anotar con facilidade. Se a semana pasada foi Marino, do Castro na Preferente Norte o que anotou tres tantos ante o Dumbría, nesta […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]