Os equipos de Preferente xa agardan pola competición

Os seis equipos lucenses da Preferente xa teñen, a falta de case un mes para o comezo da competición, as súas plantillas encarriladas a falta de algún reforzo puntual de última hora. Viveiro, Sarriana, Ribadeo, Foz, Lemos e Residencia afrontarán, a partir do 25 de agosto, unha temporada na que a competencia para acadalos seus […]

Os equipos lucenses de Terceira e Preferente xa teñen calendario

A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer na tarde de hoxe o calendario de Terceira División, así como os dous grupos de Preferente. Ámbalas dúas categorías comezarán o 25 de agosto e rematarán o 17 de maio na Terceira e o 7 de xuño a Preferente. Na Terceira o fútbol lucense repitirá os […]

Diario dun mercado. Episodio 105

Pese a atoparnos aínda no mes de xuño, pendentes de coroar aos campións das distintas copas, o mercado de fichaxes xa está moi activo. A maior parte dos clubes queren ter pechados os seus cadros de xogadores o antes posible, de cara a preparar ben a temporada 2019/2020.

Destacados Primeira. Xornada 34

Decidiuse o último ascenso nunha xornada de goleadas e na que Parapar se vestiu de atacante

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

O partido da xornada . . . S.D. Residencia – S.D. Santaballés: cara a cara entre aspirantes ao ascenso

Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

Destacados Primeira. Xornada 14

*Santaballés-San Ciprián: Novo triunfo dun serio Santaballés que segue en zona de ascenso. O cadro de Dani Moirón adiantouse nunha das escasas ocasións que se rexistraron no primeiro acto. Despois do descanso, os chairegos aproveitaron un erro defensivo dos mariñáns e fixeron o segundo da tarde. A falla dun cuarto de hora para o remate, […]

Destacados Primeira. Xornada 12

*Riotorto-Chantada Atlético: Goleada do Riotorto nun encontro moi aberto e plagado de ocasións. Pablo Ruiz, nun saque de esquina, foi o único que viu porta na primeira metade. Tralo descanso, os de Labrada intensificaron o seu dominio e o 2-0 chegou cun tiro cruzado de Felipe Varela. O gol relaxou aos mariñáns e sacou o […]

Destacados Primeira. Xornada 11

*Pol-Xove Lago: José Manuel estreouse no banco do Xove Lago cun empate in extremis nun feudo complicado. A primeira metade foi igualada. Carlitos perdonou para os de Abad e Andrés Bustelo e Juanjo Coello fixeron o propio para os mariñáns. Na reanudación, os locais deron un paso adiante porén os goles non chegaron ata o […]

Palabra de… Javi Regueiro: «O orgullo de xogar na casa»

Cando o meu amigo Diego me propuxo falar nesta sección, foron moitos os temas que me viñeron á cabeza para poder expoñer, pero crin que o máis xusto era acordarme dos meus, desa xente coa que levo compartindo momentos de bar, clase e fútbol, dende moitos moitos anos. Hai trece anos que Anxo, adestrador das escolas do […]

Destacados Primeira. Xornada 9

*Monterroso-Burela: O cadro de Roberto Rielo firmou unha gran primeira media hora e púxose 3-0 no marcador. Con dous goles de Dabouza incluídos. O Burela aproveitou dous erros para reducir a un só tanto a vantaxe dos da Ulloa. Magnífica efectividade de Javi Celes, autor dun doblete. No comezo da reanudación, Miguel Gomes aproveitou un […]

Destacados Primeira. Xornada 4

*Pastoricense-Atlético Escairón: Empate sen goles nun encontro nivelado. O Atlético Escairón tivo dúas claras na primeira metade e o choque abriuse tralo descanso. Oportunidades para ambos equipos porén a pólvora mollada. O Pastoricense creou perigo a balón parado. *Friol-Residencia: Kevin aproveitou un desaxuste defensivo para marcar ao pouco do comezo. O choque colleu claro calor branquiazul […]