O partido da xornada . . . o ascenso a Segunda xógase a tres bandas

A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, […]

Épico combate sen precedentes na Madalena

O fútbol sempre tivo moito que ver ca guerra menos mal que, salvo algúns feitos, esta relación só está presente no argot futbolístico, é dicir, na maneira de contar aquilo que sucede no balompé. E dentro desa linguaxe ten un lugar destacado o porteiro, o combatente solitario baixo paus. En El fútbol a sol y […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

Que foi de…Justino: Un xogador doutra categoría

  «Non contaba con volver ser entrevistado» afirmou o protagonista de hoxe. El mesmo deixa a perfecta definición desta sección. Remover no pasado para seguirnos lembrando dos nosos no presente. Probablemente sexa un dos maiores talentos futbolísticos que deu a Terra Chá. Nunca xogou máis aló da Terceira, pero moitos coinciden en que foi un […]

Mincha, San Roque: «Ogallá puidera darlle 7 ou 8 goles ó equipo»

  O fútbol ten algo que contamina, algo que vicia, algo que a aqueles que o practicaron lles é imposible esquecerse del. Por iso, o que aínda está a tempo de volver sempre volve. Houbo un tempo que os motivos laborais impediron que un dos xogadores da nosa provincia continuase xogando ó fútbol. O vilalbés […]

Diego Villares, «Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí»

Un novo 10 comeza a sobresaírse pola Magdalena. Faino normalmente dende a banda esquerda, aínda que a súa posición de sempre fose a de mediocentro. Ás veces, incluso, portando o brazal de capitán. De movementos rápidos e caneos certeiros, co engadido de que dende pequeno leva mamando as cores vermella e verde do Racing Vilalbés. […]

Ilusionante campaña en Liga Galega

Este fin de semana comezan as distintas ligas a nivel autonómico nas categorías infantil, cadete e xuvenil, a chamada Liga Galega. 

Os protagonistas lucenses da Terceira

A primeira categoría do fútbol modesto inaugura a temporada 2017/2018 esta fin de semana. Alí, haberá só un representante lucense, a diferenza dos dous que houbo estes últimos anos, xa fosen Castro ou Ribadeo. O Racing Vilalbés representará a provincia na que será a súa décimo sexta participación na Terceira. O conxunto chairego segue apostando […]

Catro equipos lucenses reciben cartos polos dereitos televisivos

A catro conxuntos do fútbol modesto e da base lucense caeulles a «pedrea» no reparto dos ingresos televisivos e veranse beneficiados cunha determinada cantidade de cartos. Do total dos dereitos televisivos que aprobou a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol, un 1% do total van parar cara o fútbol modesto. É aí onde os clubs […]

As nosas redes falan!

Xa resta pouco tempo para que os clubes lucenses comecen a pretemporada. A sección dos destacados nas redes consolídase como unha habitual.

Diario dun mercado. Episodio 32

Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.

Diario dun mercado. Episodio 31

O mercado está activo en todas as categorías. Os equipos séguense reforzando coa mirada posta no regreso aos adestramentos coa idea de ter o cadro de xogadores ao completo cando isto suceda. Unhas das novidades máis interesantes chega dende a Primeira Galicia, no Páramo que fichou ao máximo goleador da Terceira Galicia lucense. Óscar López chega […]

Diario dun mercado. Episodio 29

O mercado continúa sen baixar o seu nivel de movementos. Na Terceira División, Adrián Gómez deixa de ser o adestrador de porteiros do Racing Vilalbés por motivos persoais. Ademais o mediocentro David García que formou parte do conxunto de Óscar Gilsanz na última temporada xogará o vindeiro curso no Laracha, un dos equipos recén ascendidos á cuarta […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 18

Arden as fogatas e arde tamén o mercado do fútbol lucense. Na Terceira División, o porteiro Marcos Souto, o central Diego Muíña, o lateral Diego López e o dianteiro Sergio Arias seguirán un ano máis formando parte do Racing Vilalbés. Pola súa banda, un dos que foi capitán nas últimas temporadas, o lateral Álex, deixa o conxunto […]