Ramón Labrada, adestrador do Pol

Ramón Labrada (Pol): «Con estes xogadores todo é máis doado»

O derbi lucense da Preferente Norte era toda unha final tanto para o Pol como para o Burela. Ambos equipos loitaban por moito máis que tres puntos, se non que o que gañara escapaba do descenso e metía ao seu contrincante. Pese a que era o que chegaba nunha peor situación clasificatoria, foron os de […]

Burela e Pol protagonizan un derbi de urxencias na Marosa

Encontro marcado en vermello no almanaque por varios motivos. É o único derbi provincial da Preferente nesta temporada e ademáis para ámbolos dous conxuntos supón máis que tres puntos na súa pelexa por fuxir dos postos de perigo. Burela e Pol enfrontaranse o domingo ás 12 horas na Marosa coa arbitraxe do coruñés Mario Balsa. […]

Jairo Campo, dianteiro do Burela

Jairo Campo (Burela): «Queremos demostrar que hai outra forma de facer as cousas»

A derrota por 2-4 na Marosa ante o San Tirso non empaña que o Burela arrincou a súa volta á Preferente dunha forma moi interesante. Os mariñáns suman catro puntos de nove posibles antes dun derbi ante o Pol que este ano será único na categoría. A situación dos chairegos é diferente, xa que na […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

A Preferente divide aos equipos lucenses

A unha semana para o comezo da Preferente, os clubes lucenses ultiman a súa preparación para unha categoría que se agarda esixente e que presenta novidades con respecto a outros anos. A primeira delas, a escisión da provincia: Burela e Pol competirán no Grupo Norte, mentres que o Lemos terá que viaxar polo Sur de […]

Diario dun mercado. Episodio 483

Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central […]

Luis Díaz, novo xogador do Pol, na súa etapa no Polvorín

Luis Díaz (Pol): «Podemos ter un proxecto fermoso»

O Pol busca crear un proxecto sólido que lle permita consolidar a gran segunda volta no seu primeiro curso na Preferente. Para iso, optan por un mítico dun xogador da Terceira RFEF como é Luis Díaz, que estivo na última temporada axudando á Milagrosa a acadar a permanencia. Catro cursos despois da súa última estadía […]

O Ribadeo descende á Primeira Futgal

Chega o último Trío de Ases O Cantón da temporada 2024/2025. A finalización da Terceira RFEF déixanos o empate entre Polvorín e Racing Vilalbés no derbi. Sarriana e Viveiro non puideron sumar nas súas visitas a Arteixo e UD Ourense, respectivamente. A Sarriana, terceira, e o Racing Vilalbés, cuarto, enfrontaranse nas semifinais do play off […]

O Viveiro continua en Terceira RFEF

O penúltimo Trío de Ases O Cantón desta temporada tráenos boas novas para o fútbol provincial. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou a ansiada permanencia logo de vencer en Cantarrana ao Betanzos. A Sarriana venceu á UD Ourense. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena fronte ao Barbadás, mentres que o Polvorín caeu […]

O Escairón descende e o Ribadeo queda contra as cordas

Moito en xogo nun Trío de Ases O Cantón que nos trae malas novas nunha xornada de derbis na Preferente. No Municipal do Saviñao, o Pol venceu a un Escairón que xa é matematicamente equipo de Primeira Futgal. No Pepe Barrera, Ribadeo e Lemos empataron sen goles nun partido bronco que deixa aos mariñáns contra […]

Viveiro e Polvorín saen vitoriosos dos derbis de Terceira RFEF

Xornada de derbis nestre Trío de Ases O Cantón. Na Terceira RFEF o Viveiro venceu en Cantarrana ao Racing Vilalbés, mentres que o Polvorín goleou na Ribela á Sarriana. Na Preferente, o derbi entre Lemos e Pol rematou sen goles e case que sen ocasións. O Ribadeo empatou no Pepe Barrera diante do Lalín e […]

Só o Escairón acada a vitoria para os lucenses na xornada aprazada

Poñemos ao día o Trío de Ases O Cantón logo de disputarse no Xoves Santo os encontros aprazados polo temporal o último fin de semana do mes de xaneiro. Os resultados non foron amables co fútbol lucense. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés caeu coa UD Ourense e os de Borja Fernández xa acariñan o […]

A Sarriana gaña o derbi e deixa ao Racing Vilalbés máis lonxe do líder

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos na Terceira RFEF a vitoria da Sarriana no derbi da Madalena fronte a un Racing Vilalbés que, tras o triunfo da UD Ourense, ve o liderado a unha distancia difícil de salvar. O Viveiro acadou unha importantísima vitoria na súa pelexa por saír dos postos de […]

O Escairón vence e agárrase ás súas opcións de permanencia

O Trío de Ases O Cantón déixanos outra mala xornada para os conxuntos lucenses. Na Terceira RFEF só o Racing Vilalbés foi quen de sumar un punto no difícil campo do Alondras. A Sarriana caeu na Ribela fronte ao Noia, o Polvorín cedeu no feudo do Silva e o Viveiro perdeu no desconto diante do […]

O bo facer do Pol permítelle soñar

O Manuel Luna de Pol está a vivir un ano moi especial. O debut na Preferente do cadro vermello vaise pechar, como mínimo, cun notable. Porén, os de Labrada e Teipa queren chegar ao sobresaínte, e aínda están a tempo. A boa xeira de resultados do conxunto o sitúan a tan só 7 puntos da […]

O Viveiro vence o derbi coa Sarriana e colle aire na clasificación

O Trío de Ases O Cantón déixanos, na Terceira RFEF, o valioso triunfo do Viveiro no derbi provincial disputado en Cantarrana fronte á Sarriana. O Racing Vilalbés tamén gañou e recurtou dous puntos a unha UD Ourense que non pasou do empate no Couto. O Polvorín non puido sumar na Cheda fronte ao Estradense. Na […]

O Ribadeo, único lucense que acada a vitoria, afástase do descenso directo

Chega un Trío de Ases O Cantón sen vitorias lucenses na Terceira RFEF. Só a Sarriana logrou puntuar no campo do Barbadás. O Racing Vilalbés perdeu na súa visita ao feudo do Estradense e o Polvorín fixo o propio fronte ao Gran Peña. O Viveiro tampouco puido sumar fronte a un Alondras enrachado. Na Preferente, […]

Viveiro e Ribadeo por fin gañan en 2025

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cun importante triunfo do Viveiro na Terceira RFEF. Os mariñáns superaron en Cantarrana ao Silva. Tamén salientable a vitoria do Polvorín na Cheda diante do Somozas que o consolida na zona media-alta da táboa. Os dous lucenses que están en postos de play off non […]

O Lemos afástase do perigo na Preferente

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cunha xornada que nos deixou unha de cal e outra de area na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés suma e segue. Venceu ao Somozas a domicilio e segue a dous puntos do líder, a UD Ourense. A Sarriana empatou no campo do Silva, mentres que […]