Catro equipos para 1 posto de promoción de ascenso

Catro equipos do grupo sur da Segunda Galicia teñen opcións de finalizar a liga no 5° posto e xogar a fase de ascenso á Primeira. Os catro conxuntos están en tres puntos faltando seis por desputar. O Friol, o Palas, o Antas e o Ferreira son candidatos. Todo nunha categoría na que o Pastoricense e […]

Álex Vázquez chega ao Muimenta na última xornada do 2023

Álex Vázquez é o novo adestrador do Muimenta. Álex Vázquez (terceiro na foto comezando pola esquerda) chega ao club celeste na penúltima xornada da primeira volta. O equipo é penúltimo clasificado na zona norte da Segunda a dous puntos da salvación. Álex Vázquez debuta este sábado na visita do Muimenta á Candelaria (A Granda, 16:00h). […]

Cadro de xogadores do Iberia CF, equipo de San Miguel de Reinante (Barreiros) para a temporada 2023/2024. Foto usada na V Guía de Futbolinlugo

O Iberia líder, xusto antes de xogar co Racing B

O Iberia é o novo líder do grupo norte da Segunda. Está empatado a puntos co Pastoricense. Desfíxose o trío de líderes que levaba tres semanas na cabeza da clasificación. O Racing B empatou en Xermade. Precisamente este sábado, o Iberia xoga co Racing B (ás 15:30h no campo da Fonte, en Cospeito). Os datos […]

Tito marcou o gol que significou a vitoria do Cospeito no derbi ante o Muimenta da 1ª volta da temporada 23/24 na 2ª Rexional

Tito, gol 10 anos despois para un Cospeito gañador do derbi

Tito é o home da semana en Cospeito. Un gran gol de Tito deulle a vitoria ao Cospeito no derbi ante o Muimenta. Foi nos últimos intres cun disparo de volea dende fóra da área. É o terceiro gol de Tito na súa carreira sénior. O segundo que lle marca ao Muimenta. Os datos das […]

Ospina chegou no verán de 2023 ao Oural para competir na Segunda Galicia

Ospina e Cayuela, golazos ao servizo do Oural

Ospina e Cayuela volveron ser determinantes na vitoria do Oural. Traballo no medio do campo e goles ante o San Roque. Ospina anotou dende o propio centro do terreo de xogo. Cayuela deulle de vaselina no borde da área. O Oural mantense primeiro na Segunda sur e lidera o ránking de puntos e goles. Os […]

Once inicial do Cabreiros no partido da oitava xornada de liga ante o Muimenta xogada na Acea (05/11/2023)

Alberte Ledo, chegar e encher no Cabreiros

Alberte Ledo regresou a pasada xornada ao fútbol da provincia. O xogador pontés fichou no Cabreiros e debutou con gol na primeira vitoria do equipo na tempada. O mediapunta portou o ’10’ do cadro da Acea. Foi nunha tarde chuviosa, pero con menos lama se o comparemos coa maioría dos campos da provincia.  Os datos […]

Dani Teixeira suma once temporadas no Pastoricense

Dani Teixeira, unha vitoria de 5 minutos no Pastoricense

Dani Teixeira volveu xogar un partido de fútbol algo máis dun ano despois. O atacante de Bretoña recuperouse dunha grave enfermidade na súa perna. Tras ser operado do vasto interno do cuadríceps, Dani Teixeira puido volver ter minutos co Pastoricense e regresar ao ‘fútbol de familia’. Foi no partido que o seu equipo de toda […]

O Friol, de 3 en 3 en puntos e goles

O Friol é o único equipo da categoría na provincia que gañou todo no que vai de liga. Lidera en solitario a zona sur. Amosa o seu poderío goleador en homes como Alberto Buján ou Dani Roca. Mentres tanto, o filial do Racing e o Pastoricense colideran a categoría con sete puntos no norte despois […]