Diario dun mercado. Episodio 85

Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.

Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 32

Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.

Diario dun mercado. Episodio 31

O mercado está activo en todas as categorías. Os equipos séguense reforzando coa mirada posta no regreso aos adestramentos coa idea de ter o cadro de xogadores ao completo cando isto suceda. Unhas das novidades máis interesantes chega dende a Primeira Galicia, no Páramo que fichou ao máximo goleador da Terceira Galicia lucense. Óscar López chega […]

Diario dun Mercado. Episodio 5

O Ribadeo 17-18 comeza a tomar forma. O cadro de Fiz Rodríguez conseguiu a renovación de catro homes importantes do vestiario. Criss, Rafa, Yoel e Iván vestirán un ano máis a camiseta celeste. Zamarra coa que se estreará Tichu, flamante incorporación do conxunto do Pepe Barrera. O mediapunta chega á Mariña despois de xogalo case […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]

  • 1
  • 2