Diario dun mercado. Episodio 432

Comezamos o novo episodio do noso Diario dun Mercado cun futbolista que traspasa as fronteiras da provincia. Rares Mezdrea, que xa anunciara nos pasados días a súa saída do Racing Vilalbés, seguirá en Segunda RFEF nas filas do Pontevedra. O atacante chairego de orixe rumana, aínda en idade sub-23, acumulaba tres temporadas co primeiro equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 425

Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]

Diario dun mercado. Episodio 415

Comezamos este Diario falando de novo de Lucía Pardo. A futbolista de Outeiro, logo de desvincularse do Madrid CFF, parece que recalará na Real Sociedade, tal e como adiantou a xornalista Sandra Riquelme de Relevo. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés asinou ao atacante coruñés Gabriel Barroso, procedente do Viveiro onde coincidiu co adestrador Alberto […]

Diario dun mercado. Episodio 296

Continuamos dando conta das novidades nos conxuntos da nosa provincia, e tamén de fóra dela, aínda que case como se foran da casa. O As Pontes, adestrador por Rafa Casanova, renovou ao ex ribadense Martín Traba e asinou ao gardameta Iván Parapar, ata o de agora na Sarriana. No conxunto da Ribela continuará un ano […]

O Pichón, Muimenta

Diario dun Mercado. Episodio 257

O mercado segue a deixar titulares nos últimos días. Con algunas competicións xa comezadas e outras a escasas semanas de facelo, as novidades de hoxe concéntranse na parte norte da provincia. Así, o lateral Ángel cambia a banda da Marosa pola do Martínez Otero. O xogador defenderá a elástica do CD Foz na presente temporada. […]

Diario dun mercado. Episodio 184

Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil […]

Diario dun Mercado. Episodio 145

A medida que o mes de xuño avanza chegan cada vez máis movimentos do fútbol provincial ao noso Diario dun Mercado. Na Preferente, o Lemos continúa coa renovación de boa parte do seu cadro de xogadores. Desta volta tocoulle ao monfortino Arturo, que selou a renovación para seguir defendendo o arco da Pinguela. E os […]

Máxicos Primeira. Xornada 4

Goles a pares nunha xornada de lesións e descontos decisivos

Diario dun mercado. Episodio 17

Agora que o verán chegou, xa non hai ningún tipo de escusa para non seguir falando do noso mercado. Queda un período estival movido. Na Terceira División o Racing Vilalbés confirmou as súas primeiras renovacións en canto a futbolistas. O porteiro Javi Pita seguirá un ano máis despois de chegar no mercado invernal na súa […]

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Este vindeiro domingo o Anxo Carro será o escenario das finais da copa feminina que desputarán entre o Friol e o Antas (17:30h) e a final da Copa masculina da Segunda e da Terceira entre o Pontenova e o Friol (19:30h). Antes facemos un repaso do máis destacado das semfinais nas nosas notas. O ás: […]

A nosa homenaxe aos pais, Álvarez Renda e Miguel García

Desde Futbolinlugo, queriamos facer hoxe, Día do Pai, unha homenaxe a todos aqueles proxenitores que, semana tras semana, trasladan aos rapaces aos adestramentos ou aos partidos e apoian desde a bancada día si día tamén. Dous destes meritorios pais son, á vez, dúas figuras ben coñecidas entre a xente de fútbol da provincia. Falamos con Juan Álvarez […]