As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

O partido da xornada . . . Palas C.D. – C.D. Guntín: o liderato do grupo Sur en xogo

Este sábado ás 16 horas, o Palas, líder do Grupo Sur da Segunda Autonómica recibe nos Chacotes ao cuarto clasificado, o Guntín, pero só separados por un punto na clasificación. Un encontro dos máis atractivos neste fin de semana de retorno do fútbol na nosa provincia despois do parón polas festas do Nadal. Malia derrota […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]

Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

Residencia, Valadouro e Matela descenden finalmente de categoría

O Estudiantil confirmou na súa páxina de Facebook que non renuncia a competir na Preferente Norte, polo que remata coas esperanzas que tiñan os equipos lucenses de non baixar de división. A xunta directiva, presidida por Arturo Fandiño, decidiu por maioría absoluta renunciar as pretensións iniciais de saír en Terceira Rexional e optou por continuar […]

O partido en imaxes: ED Lourenzá-AD Matela (5-1)

  A pasada fin de semana, a ED Lourenzá venceu á AD Matela por un contundente 5-1, resultado que permite aos de Santa Cruz seguir soñando co ascenso e complica a situación do Matela.

Diario dun mercado. Episodio 51

Os partidos amigables xa lle van restando algo máis de importancia aos movementos do mercado. Non obstante, moitos equipos pola provincia aínda están en construcción con moito camiño por diante antes de comezala tempada. Na Primeira Galicia, unha vez coñecido o calendario,  o Valadouro segue apuntalando o seu cadro de futbolistas. Iñaki Burundarena é novo […]

O Matela tivo a recompensa na insistencia

O concello de Outeiro de Rei volverá ter un equipo na Segunda Galicia despois do ascenso a pasada fin de semana do Matela. Esta parroquia con sede física na aldea veciña de San Lourenzo de Aguiar (onde xogan os seus partidos) conseguiu subir de categoría despois de quedar estas últimas campañas sempre ás portas. Desta vez, tivo […]

A ilusión dun ascenso a Segunda

Esta fin de semana desputaranse a volta das finais do play-off de ascenso á Segunda Galicia nos dous grupos da Terceira. Os encontros de ida deixaron, tanto nun caso coma noutro, as eliminatorias no aire, cunha lixeria vantaxe para un dos lados pero sen ter nada sentenciado. Goiriz – Matela (1-1 na ida): A final da Terceira norte […]

As Notas da Segunda e da Terceira na primeira semana de abril

A promoción de ascenso na Terceira Galicia tanto norte como sur está marcada pola igualdade das eliminatorias. No grupo norte, Goiriz e Matela, dúas parroquias dos concellos de Vilalba e Outeiro de Rei, respectivamente, desputarán a final por ascender. No sur, a ida das semifinais non deixou nada claro e todo se resolverá na volta. […]

Pedro Rodríguez, o central que, ás veces, pode xogar coas mans

Hai futbolistas que naceron para xogar na posición na que seu equipo o precise. E máis cando se é capitán do conxunto da parroquia que te viu nacer. É o caso de Pedro Rodríguez Barreiro (29-05-1986, Matela – Outeiro de Rei), central do Matela da Terceira Galicia grupo norte, e nos «momentos libres» tamén porteiro do equipo. Mesmo houbo un […]

  • 1
  • 2