A II Guía Futbolinlugo, en dixital (12)

Os martes adoitan ser o día do fútbol feminino na nosa web. Porén, esta fin de semana, o PM Friol non xogou, xa que comezará a segunda fase do Reto Iberdrola o vindeiro domingo 21 de marzo. Por iso, aproveitamos o parón para facer unha breve lembranza daqueles bos tempos nos que había competición cada […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (10)

Hoxe sábado lembramos con morriña os tempos nos que tocaba andar de campo en campo cada domingo. Continuamos a dixitalizar o arquivo da nosa II Guía Futbolinlugo, e repasamos os cadros de xogadores de catro clubes da Primeira Galicia: SD Burela, UD Pastoricense, CD Castro e SDC San Roque!

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (9)

Continuamos a dixitalizar o noso arquivo. Hoxe, coincidindo coa fin de semana na que o PM Friol volve a competir no Reto Iberdrola, lembramos os cadros de xogadoras que conformaban cuatro equipos de fútbol feminino o ano pasado: PM Friol, PM Friol «B», SD Burela e SCD Milagrosa!!

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (8)

  Volvemos á nosa cita dos luns coa II Guía Futbolinlugo. Hoxe traemos outra nova entrega con catro equipos da Segunda Autonómica, grupo norte: San Ciprián, Roupar, Meira e Cospeito.

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (7)

Mentres agardamos polo retorno do noso fútbol, seguimos repasando a II Guía Futbolinlugo. Desta volta é o turno para catro conxuntos de Primeira Autonómica: Folgueiro, Friol, Lourenzá e Taboada.  

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (6)

Un día máis traemos a edición dixital da II Guía Futbolinlugo, coa que lembramos os cadros de xogadores dos clubes fai un ano e, ao mesmo tempo, enchémonos de esperanza para afrontar a, canto menos, curiosa temporada 20/21. Hoxe traemos a catro clubes do fútbol feminino que competían o ano pasado na Segunda Galicia: CD […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (5)

Continuamos coa dixitalización da II Guía Futbolinlugo, a cal nos serve para lembrar a última temporada, sempre agardando o comezo máis cedo que tarde da nova. Hoxe traémosvos catro equipos de Terceira Autonómica: Fonsagrada e SD Viveiro, pertencentes ao grupo Norte, e Carballedo e Lemos B, do grupo Sur.

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (3)

Chega a terceira entrega da II Guía Futbolinlugo en dixital. Desta volta detémonos no grupo norte da Segunda Autonómica. É o turno de Sporting Pontenova, Guitiriz, Iberia e Abadín.

Este sábado estará a venda a guía ‘Fútbol en Lugo’

Por segunda temporada consecutiva, Futbolinlugo e El Progreso sacan a Guía Fútbol en Lugo. Un amplo recopilatorio de todos os equipos da provincia dende a Preferente, a Primeira Rexional, a Segunda, a Terceira e os equipos do fútbol feminino. Este sábado 21, a revista do fútbol provincial estará a venda por 1,5€ co seu correspondente […]

As nosas redes falan

O balón xa roda en todas as categorías do fútbol sénior lucense, despois da pasada fin de semana. Por esa razón, volve tamén unha das nosas sección habituais de cada temporada. Nela, tentamos recoller os mellores momentos de todas as actividades que se deron nas distintas redes sociais nas que Futbolinugo opera: twitter, Facebook e […]