A II Guía Futbolinlugo, en dixital (1)

Estreamos sección con protagonismo para un póker de equipos

Xa sabemos que isto do COVID-19 vai para largo. E tamén que nós somos moi pesados. E queremos seguir difundindo o noso fútbol diariamente a pesares de que xa levamos máis de 150 días acumulados dende a disputa do último partido. Nun importante esforzo, mantemos a nosa premisa de levar ás vosas casas un contido diario. E hoxe toca estrear unha nova sección. Esa na que iremos subindo, en formato dixital, os distintos equipos que formaron parte da II Guía Futbolinlugo.

Nestas datas estaríamos en plena confección da terceira edición. Percorrendo fotos, recabando datos e queimándovos a fotos. Pero toca isto. O importante: o noso fútbol vai seguir vivo!

Sen máis dilación, hoxe deixámosvos con catro equipos de Primeira. E que continuarán nesta categoría unha campaña máis: Outeiro de Rei, Xove Lago, Chantada Atlético e Riotorto.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario