As nosas redes falan!

Benvidos un luns máis á sección na que vós sodes os protagonistas! Pouco a pouco, a normalidade vaise instalando nos campos lucenses e xa comeza a ser rutina de novo animar cada domingo ao clube da vila. Aquí os destacados desta semana!!!

As nosas loitadoras xa comezaron a campaña

Sí amigos, as representantes lucenses do fútbol feminino tanto na Segunda División (Peluquería Mixta Friol) e na Primeira División Galicia (SCD Milagrosa). Ambos conxuntos levan  disputadas dúas xornadas (hoxe domingo será o seu terceiro partido).  Facemos balance deses dous primeiros encontros.

IX Trofeo Cidade de Lugo Feminino

A pasada fin de semana tivo lugar o Trofeo Cidade de Lugo, organizado polo ADC Sagrado Corazón, e consolidado xa como un clásico dos trofeos de base veraniegos. No torneo compiten rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil, pero desde hai uns anos tamén incorporou a categoría infantil feminino, sendo así un dos torneos referencia […]

Como serán os calendarios de fútbol feminino?

Xa son oficiais os calendarios de fútbol feminino para as nosas rapazas do Peluquería Mixta Friol e da SCD Milagrosa. As primeiras xogarán, como xa é habitual, na Segunda División, ante rivais de enorme talla. O conxunto da capital, pola súa banda, milita na Primeira División Galega, e visitará campos de toda a comunidade. 

Nace o Ribadeo FC Feminino!

Hai uns días, as redes sociais do Ribadeo foron trending topic na nosa provincia. O motivo? Mediante un comunicado oficial anunciaban a creación dun equipo de fútbol feminino, o primeiro de Fútbol-11 da Mariña. A iniciativa foi secundada polo Sporting Pontenova. Tras un acordo entre os dous clubes, saiu á luz esta novidade que de […]

Diario dun mercado. Episodio 46

Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.

Xornadas de portas abertas na SCD Milagrosa

Hai uns días, coñecíamos que a SCD Milagrosa realizará adestramentos de fútbol feminino coas portas abertas a calquera rapaza interesada no fútbol. O obxectivo, como di o slogan da súa campaña: escribir o futuro. Futbolinlugo quixo saber máis acerca desta iniciativa e falou coa coordinadora do fútbol feminino en Frigsa, Iria Rey.

Fin da temporada de fútbol feminino

Chegou o verán para as nosas guerreiras. A participación dos clubes lucenses de fútbol feminino nesta 2016/2017 rematou este fin de semana coa final de Copa disputada pola SD Antas ante o Mos. Futbolinlugo fai hoxe unha síntese da temporada das xogadoras.

Juan Carlos, SD Antas: «As rapazas saen ao campo con moitas ganas»

A SD Antas feminina está a bater récords esta campaña. O pasado sábado, o conxunto desprazouse a Boiro para xogar a semifinal da Copa. Un gol de Jenny otorgou a vitoria ás lucenses, que disputarán a final ante o Mos en Padrón. 

Ángel Villar, Friol: «É complicado ter que facer un plantel novo cada ano»

O Peluquería Mixta Friol fixo unha gran campaña, rematando no quinto posto da Segunda División feminina, unha posición sen dúbida honrosa para un clube dunha pequena vila como o é Friol. Os grandes resultados que está a acadar o conxunto débense en gran parte ao seu presidente, Ángel Villar Hermida.

I Copa Gallaecia de fútbol feminino

Hoxe presentamos a nova da celebración dunha competición de fútbol feminino, neste caso para rapazas en idade infantil. Nela participará un equipo representante da provincia de Lugo, a SCD Milagrosa!

Juan Carlos Quiroga é o novo adestrador da Milagrosa feminina

A Milagrosa xa atopou adestrador para dirixir o seu conxunto feminino despois da baixa do francés Vivian Dors. Juan Carlos Quiroga será o encargado de dirixir o único equipo feminino sénior que hai na cidade de Lugo. Quiroga xa era o encargado de adestrar o equipo xuvenil e faise agora cargo, ademáis do primeiro equipo, […]

As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.