O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

Os goles da Primeira Autonómica levan acento mariñán

Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas. O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa […]

As nosas redes falan!

Derbi nos xuvenís, emoción en todas as categorías amateurs: duelos igualados, bos goles… eso e moito máis, destacados na xornada desta semana. Pero, en canto aos destacados das nosas redes…?

Qué ver esta fin de semana? (28-29 outubro)

Xornada repleta de derbis. Comezamos o sábado co Ourol-Lourenzá na Mariña. O domingo pola mañá temos cita histórica. Duelo entre lucenses na División de Honra xuvenil: Racing Villalbés-Lugo A. Pola tarde, outro clásico na Primeira: Xove Lago-Foz. Unha bonita loita na zona alta dunha competición igualadísima. Por último, un mítico duelo rexional na Terceira: Corgo-Laxosa. […]

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes. Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en […]

Diario dun mercado. Episodio 36

Máis cedo que tarde botará a rodar o balón polos campos lucenses, polo que os clubes apuran a confección dos seus planteis. 

Diario dun mercado. Episodio 28

Nótase que é venres. Os clubes móvense arreo para disfrutar do seu merecido descanso semanal. Hoxe comezamos polo sur da provincia. O Bóveda, que conta xa coa anunciada marcha de Macía á Sarriana, renovou aos seguintes xogadores: Javier Arias, Roi, Lucas e Ivo. Aínda queda moito traballo por diante, porén o que sí sabemos é […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 22

Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]

Diario dun mercado. Episodio 18

Arden as fogatas e arde tamén o mercado do fútbol lucense. Na Terceira División, o porteiro Marcos Souto, o central Diego Muíña, o lateral Diego López e o dianteiro Sergio Arias seguirán un ano máis formando parte do Racing Vilalbés. Pola súa banda, un dos que foi capitán nas últimas temporadas, o lateral Álex, deixa o conxunto […]

Diario dun Mercado. Episodio 2

O fútbol lucense non para. Por iso traémosvos unha nova entrega deste Diario dun Mercado. Comezamos o noso repaso á actualidade na Preferente Galicia. O recén ascendido Outeiro ofreceu a renovación a moitos dos futbolistas que conqueriron o salto de categoría nesta campaña. Pereira, Quique, Jony, Veiga, Aarón e Yago confirmaron a súa continuidade no […]

Diario dun Mercado. Episodio 1

A idea era comezar con isto en xuño pero… Vista a vosa resposta e o movemento do mercado, vémonos obrigados a sacar unha nova entrega do noso mercado particular. Viaxamos á Mariña, onde apostan pola continuidade dos técnicos. O Ourol seguirá confiando en Loiso (Luis Pérez) na súa nova aventura na Segunda Galicia. E subindo […]

Hemeroteca: O Foz en Liga Galega Infantil

Non hai moito tempo, o Foz estivo na Liga Galega Infantil. Campaña 12-13. Unha magnífica xeración que agora intenta xa dar alegrías co primeiro equipo. O fútbol focense parece renacer dende a base. Deixámosvos xa co vídeo de Diego 😉