Diario dun mercado. Episodio 435

Novidades importantes neste Diario dun mercado. Cunha das bombas do verán na Primeira Galicia

Diario dun mercado. Episodio 432

Comezamos o novo episodio do noso Diario dun Mercado cun futbolista que traspasa as fronteiras da provincia. Rares Mezdrea, que xa anunciara nos pasados días a súa saída do Racing Vilalbés, seguirá en Segunda RFEF nas filas do Pontevedra. O atacante chairego de orixe rumana, aínda en idade sub-23, acumulaba tres temporadas co primeiro equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 340

Aínda nos primeiros días do mercado estival, este está que arde. Comezamos polos banquiños. En Sarria, o club comunicou a non continuidade de Brais Prados, técnico co que os da Ribela acadaron o ansiado ascenso a Terceira RFEF, e a chegada de Jorge Cuesta. O novo adestrador ten ampla experiencia na base do RC Celta, […]

Diario dun mercado. Episodio 289

Comezamos con novidades no fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol renovou a Ana Bonilla, que continuará no conxunto lucense unha temporada máis. Sen deixar de falar de perruqueiros, Marino, que xa anunciou a súa non continuidade no Viveiro, todo indica que será nos vindeiros días novo xogador da Sarriana. O cadro sarriao anunciou as renovacións […]

O partido da xornada . . . San Roque – San Lázaro: tres puntos e unha carambola para salvar a categoría

Penúltima xornada na pelexa pola permanencia en Primeira. O descenso desde Segunda RFEF do Arousa, provocou unha cascada de arrastres nas demáis categorías que complica moito a situación de moitos conxuntos na nosa provincia. É o caso de dous conxuntos da capital. San Roque e San Lázaro enfróntanse este domingo ás 16:30 horas no Polvorín […]

Diego Rey

Diario dun mercado. Episodio 230

As renovacións seguen acaparando o protagonismo nesta nova edición do Diario dun Mercado. O lucense Pedro Delgado asinou a súa renovación co Arzúa. Será o único lucense no «queixo mecánico», logo das saídas de Brais Prieto, que xogará no Viveiro, e de Álex Vázquez, novo lateral da UD Ourense. O fisterrán Martín Traba, cun extenso […]

Os lexionarios da Ponte xa están en Primeira

Se algo caracteriza á cidade de Lugo é a súa historia. Aínda hoxe hai na localidade vestixios da súa gloria do pasado: unha muralla bimilenaria, a calzada romana, a ponte romana (agora reconvertida)… dan boa conta da importancia que tivo noutrora a capital da nosa provincia. Hoxe, un dos monumentos antes citados, a ponte, da nome […]

Diario dun Mercado. Episodio 150.

O mercado segue sen dar tregua. Logo da sáida de Álex Pérez do Racing Vilalbés, o clube chairego anunciou que Diego Rey tampouco continuará ás ordes de Simón Lamas. A Sarriana é o destino máis probable do extremo lucense. Alí non coincidirá con Dani Montes. O central convertirase en xogador do Viveiro nas próximas horas […]

Irmandade lucense de sangue na Terceira galega

As previsións apuntan a que a Terceira División, que estrea temporada esta fin de semana, será unha das máis igualadas dos últimos anos polo nivel dos equipos que hai. Á marxe do que vaia dictando a competición, de entrada o que sabemos é que a provincia de Lugo volverá estar representada por dous conxuntos. Despois […]

Diario dun Mercado. Episodio 72

A marcha de Villares deixaba un oco tremendo no Racing Villalbés. Pero a rei morto, rei posto. E nunca mellor dito. Diego Rey regresa á nosa provincia coma unha das fichaxes estrela do cuadro chairego. Procedente do Compostela, o atacante de Láncara agarda mostrar a súa mellor versión na Madalena. Ademais, Juan Peón leva consigo […]

Dous lucenses peregrinan cara un soño

Hai equipos que quizais nunca deberán ser carne de Futbolinlugo, pero moitas veces convén dar un paso atrás para poder avanzar de novo con firmeza cara adiante. Un club como a SD Compostela non precisa carta de presentación, logo da súa época gloriosa na Primeira División a finais do século pasado e varias campañas na […]

Diario dun mercado. Episodio 12

O noso mercado mira hoxe tamén cara eses lucenses que xogan ao fútbol fóra da nosa provincia e que xa saben onde o seguirán facendo a temporada que vén. Na Terceira División galega Santi Gegunde e Diego Rey seguirán vestindo a camisola da SD Compostela unha temporada máis. Na Terceira Balear Edgar Díaz sumará a súa […]

Baile de cromos nos banquiños da EF Polvorín

Montirón está a vivir semanas moi complicadas. En pouco máis dun mes varios dos seus banquiños sufriron considerables modificacións. E todos eles da EF Polvorín. O primeiro en marchar foi Óscar Astariz. O antigo técnico dos alevíns deixou o clube despois dunha década de dedicación ao mesmo. Motivos persoais e a perda de ‘feeling’ coa actual […]