Baile de cromos nos banquiños da EF Polvorín

Montirón está a vivir semanas moi complicadas. En pouco máis dun mes varios dos seus banquiños sufriron considerables modificacións. E todos eles da EF Polvorín. O primeiro en marchar foi Óscar Astariz. O antigo técnico dos alevíns deixou o clube despois dunha década de dedicación ao mesmo. Motivos persoais e a perda de ‘feeling’ coa actual cúpula directiva e deportiva pareceron ser os desencadeantes. O trío de técnicos do prebenxamín Álex Glez, David e Marquiños serán os seus substitutos.

No entanto, o máis significativo aconteceu cos xuvenís A. Nunha temporada convulsa, a suspensión de adestramentos e falla de intensidade noutras sesións levaron á dirección deportiva e á presidencia á destitución de Diego Rey coma técnico. No entanto, o xoven preparador seguirá á fronte do Cadete B, equipo co que o adestrador mantén unha forte unión. Os xuvenís A contarán agora con  Dani Arias coma director de operacións no banco.

A marcha destes dous técnicos é canto menos chamativa. Ao igual que a marcha dos diferentes equipos do clube. Algúns rendendo por debaixo do esperado e outros, coma o Cadete A e o Infantil A; loitando por colarse na fase de ascenso á Liga Galega.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario