Diario dun Mercado. Episodio 142

O imprevisible remate das competicións fai que os equipos comecen a confeccionar o seu cadro de xogadores máis cedo ca nunca e o fútbol lucense non é unha excepción. Comezamos no fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol non contará a próxima temporada, logo de garantizar a continuidade en Reto Iberdrola, con dúas pezas importantes. Andrea […]

As nosas redes falan: edición especial corentena

Foto de portada: Facebook Muimenta SD As competicións levan paradas máis dun mes e medio na provincia. Os obxectivos pasan a un segundo plano. Non hai que anunciar partidos nin dar conta dos goles. Por iso toca reinventarse. Varios equipos lucenses desenvolven estes días nas redes diversas actividades para entreternos neste confinamento. Xa sabedes que […]

A Axenda: todo o fútbol lucense en marcha despois do parón

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16 horas na Cheda): Logo de dúas derrotas consecutivas, o filial albivermello buscará un triunfo que o afaste do perigo ante un vello rival da Preferente. O Paiosaco chega a este encontro como pechacancelas e non é quen de gañar desde o mes de outubro. PREFERENTE […]

A pretemporada en imaxes: Triangular Esencias da Mariña – Sonova

O Folgueiro impuxo a súa superior categoría logo do ascenso a Primeira, e gañou o triangular celebrado no Cascabeiro patrocinado polas empresas Esencias da Mariña e Sonova. O conxunto adestrado por Jandri superou claramente ao Celeiro no primeiro encontro da tarde, ao que dobregou por 0-5- No segundo entrou en liza o conxunto local ante […]

Diario dun mercado. Episodio 132

Os conxuntos lucenses seguen a perfilar as súas plantillas de cara a un comezo ligueiro que xa se vislumbra. Un recén ascendido a Primeira Autonómica, o Guntín, confirmou a renovación de dous novos xogadores, Luaces e Tomi, co que unha boa parte do plantel da pasada temporada continuará co conxunto do Ladairo. Pola súa banda, […]

Diario dun mercado. Episodio 131

O noso primeiro protagonista deste Diario dun Mercado é Dani Pedrosa. Logo do seu paso por Somozas, Cerceda e Valladolid B, o ribadense xogará a vindeira temporada na U.D. Ourense, conxunto punteiro da Terceira galega. Sen movernos de Ribadeo, o valadourense Brais retorna ao clube adestrado por Rafa Casanova logo de realizar unha parte da […]

Diario dun Mercado. Episodio 89

Cargadiña de novedades. Así chega a 89ª edición do noso Diario dun mercado. Comezamos falando da Preferente Norte, na que o CD Castro incorpora ao seu «staff» técnico ao adestrador de porteiros Dani Pérez, procedente da base do CD Lugo.

Diario dun mercado. Episodio 77

Logo do anuncio de Rafa Casanova como técnico e tras confirmarse a saída de xogadores importantes, o Ribadeo F.C. comeza a reestructurar a plantilla coa chegada de dous xogadores: Mario, un central que chega do Andés, da Preferente Asturiana e Brais, mediocentro que xogou nos xuvenís do C.D. Lugo en División de Honra e rematou […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

Diarion dun mercado. Episodio 50

O mes de agosto mantén o nivel de movementos no mercado lucense, a pesar de que Futbolinlugo xa chegou ao medio cento de episodios cheos de novas por toda a xeografía da provincia, incluso máis aló das nosas fronteiras no caso de que sexan os lucenses os que teñan que marchar. Precisamente é o que aconteceu esta […]

Diario dun mercado. Episodio 45

Xa se van reducindo os movementos, porén o baile de fichaxes continúa a paso lento. O Palas asinou a Gontá, que chega dende Monterroso e a Pablito que procede do Cire Melide. No Páramo incorporaron a Bryan, procedente da Sarriana. Os afeccionados das Rapadas poderán ver ao seu novo futbolista nun novo amigable de temporada, […]

Diario dun mercado. Episodio 39

O Lemos traballa sen descanso para configurar un plantel de garantías. Á terna de xogadores xa comentados, hai que engadir dous máis: Leo e Adrián Castañer, que chega dende o Brollón. Outro Leo fai o camiño á inversa. O mediocentro deixa o Lemos para recalar no veciño Atlético Escairón. Mesmo destino para o lateral Manu […]

Diario dun mercado. Episodio 25

Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada. Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou […]

Diario dun mercado. Episodio 23

Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que […]

A polémica en Lugo tamén se saca de contexto

En tres partidos da pasada xornada no fútbol de Lugo a polémica foi a protagonista, para algúns nada novo e para outros ganas de enredar o conto. Unha fin de semana máis ó foco volveu recaer nas actuacións arbitrais. Ás do fútbol de alto nivel traspasan fronteiras, ás do modesto menos, pero tamén teñen a […]

  • 1
  • 2