As nosas guerreiras da fin de semana

Voltaron as ligas autonómicas de fútbol feminino. Despois de 13 meses sen falar de clubes que non fosen o PM Friol, as autoridades autorizaron o retorno da Primeira Galicia. Nela, a provincia conta con 3 representantes: PM Friol «B», CD Lugo e SD Antas. A priori, esta sección ía estar moi completa esta semana, pero […]

O PM Friol B, o Antas e o CD Lugo inician a súa particular breve temporada

Esta fin de semana comezan varias competicións do fútbol galego. Logo de máis dun ano de pandemia, os campos van recuperando minimamente a actividade. O fútbol base, a Preferente máis lucense ou a Primeira Galega feminina estréanse esta finde. A máxima categoría do fútbol feminino galego xogarase nun formato curto e contará coa participación de […]

Joaquín Blanco, CD Lugo: «É complicado lidiar coa incertidume»

IMAXE DE PORTADA: Web CD Lugo Fai practicamente un ano, o CD Lugo Feminino xogaba o seu último partido na Segunda Galicia. O clube, que se debutaba na 2019/2020, completou un (medio) ano case perfecto e conseguiu chegar a aquel fatídico venres 13 de marzo no primeiro posto da categoría. Esta situación acabouse traducindo no […]

Javier Montoto: «Cando xogaba dicíanme que a que ía a biblioteca»

Foto de portada: Melanie de la Fuente Pódese dicir que case todo o medio do campo era del. Gustáballe telo controlado. Disciplinado e correcto. En palabras de Gonzalo Edrosa “un xogador que calquera adestrador quere ter. Un 10 tacticamente, non perdía o balón e tamén se animaba en ataque. Educado e responsable. Un xogador exemplar”. […]

Javi Varela (Racing Villalbés): «Nunca estiven tanto tempo sen xogar»

Na seguinte entrevista falamos cun dos xogadores máis destacados do Racing. O lucense Jose Varela suma xa… Non, non! Jose non é. Supoño que esta confusión lle pasou algunha vez a moita xente do fútbol lucense. É Jose ou Javi? A dúbida resólvese case sempre dentro do terreo de xogo. Co dorsal as costas e […]

Brais (C.S.D. Arzúa): «Xogar en Riazor contra o Deportivo foi moi especial, sempre o recordarei»

A pasada campaña a piques estivo de facer a súa estrea en Terceira nas filas do Racing Vilalbés logo dunha pretemporada ás ordes de Simón Lamas, pero seguiu medrando no Ribadeo en Preferente Autonómica. Agora Brais Preito Cobas (Frexulfe – O Valadouro, 05/06/1999) non deixou pasar o tren. O Arzúa, equipo revelación da Terceira na […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (6)

Un día máis traemos a edición dixital da II Guía Futbolinlugo, coa que lembramos os cadros de xogadores dos clubes fai un ano e, ao mesmo tempo, enchémonos de esperanza para afrontar a, canto menos, curiosa temporada 20/21. Hoxe traemos a catro clubes do fútbol feminino que competían o ano pasado na Segunda Galicia: CD […]

Diario dun mercado. Episodio 144

Moitas renovacións en todas as categorías son as protagonistas dunha nova edición do Diario dun Mercado, a número 144.

As nosas redes falan: edición especial corentena

Foto de portada: Facebook Muimenta SD As competicións levan paradas máis dun mes e medio na provincia. Os obxectivos pasan a un segundo plano. Non hai que anunciar partidos nin dar conta dos goles. Por iso toca reinventarse. Varios equipos lucenses desenvolven estes días nas redes diversas actividades para entreternos neste confinamento. Xa sabedes que […]

Un filial en racha e moitas victorias!

A pasada fin de semana foi -en xeral- positiva para as nosas rapazas. Porén, o clube máis icónico da provincia, o PM Friol, caeu na Reigosa ante unha SD Éibar que gozou de maior efectividade ao longo dos noventa minutos e superou ao conxunto presidido por Ángel Villar por 0-3.

A Axenda: todo o fútbol lucense en marcha despois do parón

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16 horas na Cheda): Logo de dúas derrotas consecutivas, o filial albivermello buscará un triunfo que o afaste do perigo ante un vello rival da Preferente. O Paiosaco chega a este encontro como pechacancelas e non é quen de gañar desde o mes de outubro. PREFERENTE […]

A presenza lucense na 1ª rolda da Copa do Rei

Víñase pedindo dende hai un tempo. Un novo formato para unha competición que cada ano ía perdendo interese. Tardaron en darse conta de quen son os que realmente lle dan vida ao auténtico torneo do ko. Moitas veces non fai falla tanta tecnoloxía nin innovación. Simplemente volver as raíces do fútbol. Visitar o hábitat de […]

A Axenda: dobre derbi en Chantada nunha xornada con trocos nos banquiños

Este fin de semana retornan á competición tódalas categorías, a excepción da Terceira Autonómica, e temos encontros para tódolos gustos. Ademáis, o derbi provincial do fútbol feminino. Terceira División  – Racing Vilalbés – Rápido de Bouzas (Domingo ás 16 horas na Madalena): coa moral reforzada logo do triunfo en Abegondo ante o Fabril, os de […]

A Axenda: a Copa volve e a Primeira non para

Malia que nesta ponte festiva, o noso fútbol colle un descanso, a pelota non deixa de rodar por completo. A Primeira Autonómica e o fútbol feminino disputan unha nova xornada, á que se suma a Copa Deputación. PRIMEIRA AUTONÓMICA  – Riotorto C.F. – Atlético Escairón (Domingo ás 12 horas na Veiga): o conxunto local, no […]

A Axenda: Friol como epicentro dunha nova xornada

Terceira División  – Polvorín – C.D. As Pontes (Domingo ás 16 horas na Cheda): practicamente un derbi. Con moitos lucenses nas súas filas, As Pontes buscará un triunfo para igualar en puntos ao filial lucense. Os de José Durán, logo da derrota ante o Estradense, precisan do triunfo para fuxir da zona crítica. Preferente Norte […]

Tres puntos balsámicos, unha mellora de actitude e unha primeira derrota

O PM Friol disputou o seu partido nº400 en competición oficial na casa do Pozuelo de Alarcón. Alí, tras un gran partido de ambos equipos, Jone decantou a balanza a prol das lucenses cun solitario gol no minuto 74, conseguindo así as da Reigosa tres puntos vitais para a súa permanencia no Reto Iberdrola!

O fútbol provincial en negro acompañado dun dato histórico

Na pasada fin de semana os comezos dos partidos tiveron na súa maioría un nexo común. Ademais o PM Friol conseguiu unha vitoria moi especial. O fútbol provincial en negro Moitos clubs da provincia saíron a pasada fin de semana con mensaxes de repulsa á violencia machista. Varias das iniciativas son impulsadas polos distintos concellos […]