O partido da xornada . . . Comercial, Catro Roldas e Celeiro xogan o seu pase a Segunda en noventa minutos

Chega a derradeira xornada en Terceira Autonómica. Dos catro grupos, en tres xa está sentenciado o ascenso. Castro B, Lemos B e Carballedo xogarán a vindeira temporada en Segunda. Toda a emoción polo tanto está no grupo C2 onde tres dos catro conxuntos parten con opcións de rematar o domingo festexando o ansiado ascenso. Catro […]

O Celeiro non queda «Teso» e pelexará ata o final polo ascenso

Esta fin de semana remata a competición na Terceira Rexional e só queda un ascenso por decidir. A pasada finde o Castro B, o Lemos B e o Carballedo subiron á Segunda. A atención ponse agora no grupo C2 con tres posibles candidatos para ascender. Os detalles no #TresEnRaia. O grupo C2 é o que […]

Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Rematamos a rolda de conversas cos clubs da provincia de Lugo falando cos integrantes do grupo norte de Terceira Autonómica. Cando agora se pon en dúbida o comezo das competicións de Primeira para abaixo, a maior parte dos conxuntos apostan por pospoñer o retorno ligueiro. Tan só o Nuevo Nausti é proclive a voltar cando […]

Diario dun mercado. Episodio 185

Os equipos continúan coa planificación dunha temporada incerta. Quen pode telo máis doado para xogar, pode ser algún lucense que anda fóra das nosas fronteiras. É o caso do burelao Julio Delgado que seguirá pola Segunda B. Ficha polo Villanovense despois de chegar no mercado de inverno ao San Sebastian de Los Reyes. A pesar […]

A Axenda: os ‘galos’ de Segunda Autonómica vense as caras nos dous grupos

Ademáis do Partido da Xornada, este fin de semana temos na xeografía lucense encontros máis que interesantes, que resumimos na nosa Axenda: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – S.D. Silva (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo da última derrota no Poboado, os de Simón Lamas tentarán voltar á senda da vitoria no seu feudo […]

A Axenda: Friol como epicentro dunha nova xornada

Terceira División  – Polvorín – C.D. As Pontes (Domingo ás 16 horas na Cheda): practicamente un derbi. Con moitos lucenses nas súas filas, As Pontes buscará un triunfo para igualar en puntos ao filial lucense. Os de José Durán, logo da derrota ante o Estradense, precisan do triunfo para fuxir da zona crítica. Preferente Norte […]

O partido en imaxes: Catro Roldas 4-3 Comercial

O Catro Roldas conseguiu a vitoria na 8ª xornada da Terceira Rexional ante a Comercial. Encontro xogado no campo da Canteira de Román (Vilalba).

A Axenda: o liderato da Preferente, en xogo en Cantarrana

A Axenda desta xornada ven protagonizada polo partidazo de Cantarrana, pero nen moito menos ten o protagonismo absoluto. Ademáis do partido da xornada, temos unha ampla oferta ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro trampa na capital da Terra Chá. […]

Diario dun mercado. Episodio 103

O mercado do fútbol provincial continúa movéndose. O Racing Vilalbés segue preparando a vindeira temporada na Terceira Galega. Polo de agora con renovacións. Os irmáns Varela, Jose e Javi, súmanse tamén ao proxecto da 19/20. Polo momento o cadro chairego conta con cinco xogadores (tamén renovaran Make, Vérez e López). Na mesma categoría, un recén […]

A Terceira chega ao seu fin con dous ascensos por decidir

O domingo ás 17 horas porase a rodar o balón na Canteira e na Carqueixa. Noventa minutos para decidir que dous equipos competirán a vindeira temporada na Segunda Autonómica. Na Terra Chá, Catro Roldas e Celta Barreiros, mentras que no sur da provincia, Río Sil e Antas porán todo en xogo para rematalo domingo festexando […]

O partido da xornada . . . U.D. Folgueiro – S.D. Guitiriz: un obxectivo en noventa minutos

  A penúltima xornada de liga en Segunda Autonómica pode decidir, de xeito definitivo, varios ascensos. No grupo Sur, aínda que son máis os que teñen opcións, San Roque, Palas e Guntín xogaranse as dúas prazas que outorgan o pase a Primeira. Na zona norte da nosa provincia, un enfrontamento destaca por enriba do resto. […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]