O Catro Roldas dá a sorpresa e remata como campión de inverno

Na zona sur o Lemos B finaliza a primeira volta no máis alto empatado a puntos co Rubián

Rematou o ano na Terceira Galega e acabou tamén a primeira volta na zona norte e sur. Fíxoo con certa sorpresa no Grupo 1 xa que o Catro Roldas volveu ser o gran beneficiado da xornada e sitúase no máis alto despois dos primeiros sete partidos. A igualdade mantense no sur, pero tamén houbo cambio de líder. O Lemos B encabeza a táboa. Os detalles contámolos nunha nova edición do Tres en Raia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, o Catro Roldas venceu no partido da xornada ante o Rioaveso en Paraños. Un novo gol do central Bochi resultou definitivo no marcador. O xogador de Santaballa xa acumula tres goles no que vai de liga. O conxunto de Román beneficiouse do empate da Comercial para poñerse como líderes.

A igualdade é a tónica da parte alta do grupo, pero o Catro Roldas gañou dos duelos chave nas últimas xornadas. Primeiro ante o Castro B na Canteira e logo ante o Rioaveso. Os pupilos preparados por David Lorenzo non perden dende a primeira xornada, precisamente ante a Comercial. Será o gran partido que abra a competición de novo en 2022.

Deportes Élide

Na segunda praza sitúase agora a Comercial que non puido pasar do empate sen goles ante o Nuevo Nausti. O equipo vermello tivo a boa nova do regreso de Joshua á portería. Juanillo revolucionou o partido coa súa entrada pero o seu ímpeto non foi suficiente para bater a portería rival. É a primeira vez dende a súa creación que o conxunto de Noche puntúa como local. Aínda que o encontro non o xogou na súa parroquia, senón no anexo artificial da Madalena.

Tampouco pasou do empate o filial do Castro que ocupa a terceira posición, a tres puntos do líder. Non obstante, goles houbo no seu duelo co Friol B. Tres para cada conxunto. Pola súa banda, o Cazás desaproveitou a ocasión de subir postos na táboa e queda 5º, a un do Rioaveso e a 3 do Castro B. O seu encontro co Celeiro tamén rematou en igualada. Foi o primeiro punto conseguido polo conxunto viveirense que realizou unha boa posta en escena no Catro Ventos.

Na zona sur, o Lemos B superou con claridade ao Relámpago Taboada. Iso permitiulle colocarse no primeiro posto por diante do Rubián. O conxunto preparado por Senén empatou ante o filial do Monterroso. Víctor ‘Checo’ volveu ser protagonista cun novo dobrete. Suma sete goles no que vai de liga; unha media dun gol por partido. Pola súa banda, o mediapunta xuvenil Raúl foi un dos máis sobranceiros no cadro monterrosino.

Os equipos da cabeza sácanlle tres puntos ao Sober, terceiro. Os pupilos adestrador por Ibán Lagoa conseguiu un importante triunfo a domicilio ante un rival directo como é o Castroverde (4º). O conxunto da Veiga do Olmo tivo que improvisar porteiro. O central Marcos Díaz asumiu as funcións baixo paus ante a baixa do gardamallas Kevin. Por detrás, revive o Carballedo coa súa segunda vitoria seguida e aperta as primeiras posicións.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.