#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Sesión Plenario 24: Esteban Carracedo-Noelia Castro

Chegamos á ultima das eliminatorias de oitavos de final en Sesión Plenario. O oitavo cruce desta rolda tivo de protagonistas a Esteban Carrecedo e Noelia Castro. O xogador do Catro Roldas mediuse cunha das afeccionadas máis fieis da Mariña.

Neste capítulo coñecemos a ambos contricantes, como xa é habitual nesta rolda de oitavos, e repasamos parte das carreiras de dous xogadores. Ademais falamos de actualidade, de adestradores e de determinados campos. Así o podedes ver no vídeo do remate deste artigo.

Os cruces dos oitavos de final foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.

Á diferenza da primeira fase, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.



Dezaseis participantes buscan un oco nos cuartos de final. O cadro do concurso xa mostra ademais cal sería o camiño para chegar a unha hipotética final. Comeza a parte máis emocionante do programa que entretén e difunde o fútbol lucense.

Sesión Plenario 24: Esteban Carracedo-Noelia Castro

Diario dun mercado. Episodio 333

Sesión Plenario 24: Esteban Carracedo-Noelia Castro

O Racing Vilalbés perdoa e La Calzada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *