#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario: o sorteo dos oitavos de final

A primeira fase de Sesión Plenario rematou e chegan os oitavos. Quedan dezaseis concursantes en competición que tratarán de chegar a gran final. Esta semana realizouse un sorteo para coñecer os cruces das próximas eliminatorias.

Catorce participantes accederon ao gañar o seu duelo da 1ª rolda. As outras dúas prazas conseguíronse en cadansúa repesca. Os primeiros catro concursantes tiveron unha segunda oportunidade como premio a ser os valentes que se sumaron a esta aventura dende o incio.

Resultados da 1ª fase de Sesión Plenario. Os gañadores están clasificados para os oitavos de final

Kiños, o xogador do Folgueiro

Marcos Calvo ‘Kiños’, foi o primeiro clasificado para os oitavos de final. Superou a súa eliminatoria ante Lourido por un 3-1. Para a lembranza do concurso queda a súa graciosa confusión entre os irmáns Vilariño. Dende logo, das anécdotas que nos gustan.

Un ascenso co Folgueiro e tela honra de ser o primeiro gañador de Sesión Plenario. Poderá ser todo posible?



Manu Martínez, delegado do Burela

A Mariña pisa forte nos oitavos de final, especialmente o que ten que ver coa SD Burela. O delegado de moda da Primeira Rexional, Manu Martínez superou no seu cruce a Víctor Valiño. Tinguiu de cor verde a Sesión coas súas cortinas e quere máis. Será capaz de facer un selfie antes de xogar a final?

David Rodríguez, ex colexiado

Curtido en distintas batallas, David Rodríguez foi o primeiro en facer pleno en Sesión Plenario. Fiel seguidor desta casa dende hai moito tempo, aparece como a representación do colectivo arbitral. Tocaralle volver coller o chifre na final?

Antón Teijeira, xogador do Iberia

O futbolista de San Miguel de Reinante venceu pola mínima a Samu López na súa eliminatoria. Triunfo práctico como os que nos ten afeitos o seu consolidado Iberia. Ascenso á Primeira e final en Sesión Plenario? Soñar está permitido.



Tucho, o deportista de Muimenta

Dos dezaseis clasificados nos oitavos de final é o que mellor ten controlado as instalacións dun dos nosos patrocinadores, Discoteca Hermo. Viviu a Sesión máis simpática con Javi Regueiro. Agora non xoga ao fútbol, pero leva mamando este deporte dende cativo. Coñece moitos camiños da provincia, será capaz de coller ese que o leve a final?

Isaac Rouco, xogador do riotorto e adestrador

Sabemos que a súa marcha do CD Castro non foi a situación ideal, pero sempre hai que quedarse co positivo. Así que, máis tempo para preparar a conciencia o concurso estrela da provincia. Botou ao barbeiro de Meira, está disposto a chegar a final?

Chapu, presidente do Portomarín

Sergio Vázquez ‘Chapu’. Alcume de gañador. As súas ordes as últimas tempadas do Portomarín foron históricas. Viaxar por medio Galicia en Preferente da un ‘status’ de categoría. O descenso do conxunto miñoto é tan posible como foi o mérito de chegar aí. Sálvase a tempada cunha vitoria do presi?

Koeman, presidente do Antas

Díxolle Chao a Diego na primeira rolda. Foi quen de pasar de eliminatoria a pesar de petar co Poste. Moita experiencia nunha traxectoria exquisita. Vestirase do Koeman do 92 para conquistar outra final?

Noelia Castro, afeccionada do Burela

Confirma o que falamos da presenza do cadro verde no concurso. Ademais representa ao mellor colectivo do noso fútbol, a afección. Agora será ela quen será animada para chegar ao máis lonxe posible. Se chega a final, ideamos un cántico para Noelia?



Andrés Rodríguez, adestrador da Comercial

A pizarra tamén está moi presente nos oitavos. Andrés Rodríguez chega aos oitavos de final despois de gañarlle a Kevin Varela. Sempre disposto a colaborar, será quen de chegar a final? Salvación na Segunda e triunfo en Sesión Plenario?

Luis Romay, adestrador do Cospeito

A libreta de Luis ten moitas cousas anotadas. De seguro que ten as respostas dalgunha das preguntas de Sesión Plenario. Superou a Brais Travería na Sesión máis longa do que levamos de concurso. Afeito a sufrir, é dos que lles gustan que o xogo sexa dinámico. Verémolo na final?

Esteban Carracedo, xogador do Catro Roldas

Os que o rodean, saben do que é capaz. A enciclopedia do vestiario de Román. Xa o demostrou na primeira rolda contra todo un Javi Chinchón. Tinguirá de amarelo a gran final?

Juan Rodríguez, 2º adestrador do Racing Villalbés

De Chantada a Vilalba chegando ata Santaballa. Ese coto poucos o coñecen mellor ca el. Representa a comarca de Chantada pero xa é algo vilalbés. Superou nos dezaseisavos ao polifacético Jairo Campo. Coñecementos e estratexia ao servizo dunha final?

Oskarinho, directivo do ‘Atleti’

‘Tanto lle ten’ vestirse de bombeiro como espirse diante de todo Vilanova. O ‘Atleti’ é a súa paixón pero non a única. Coñecementos en diversas facetas fan falta para chegar a unha final de Sesión Plenario. Terá a capacidade de apagar calquera lume?

Xosé Lourido, futbolista do Meira

Foi na repesca, pero o capitán Lou está nos oitavos de final. Está a piques de vivir un ano histórico, ascender co club da súa vila. O Meira vai directo cara a Primeira Rexional; irá Lourido directo á final?

Javi Regueiro, desenvólvese en todos os campos

O mazzamurelli máis famoso da provincia. Non lle pasou factura fallarlle a súa profesión. Aproveitou a segunda oportunidade na repesca e non fallou. Probablemente unhas das persoas que máis xente coñece na provincia. E aquí preguntamos moito por nomes. Estará o apelido Regueiro na final?

Sorteo: coñece o cadro definitivo

O redactor de Futbolinlugo, Iván Calaza e o colaborador desta sección, Plenario Veiga fixeron un sorteo do xeito máis tradicional, pero sen fallar a legalidade. Dende a Discoteca Hermo e cunha copa de cristal na man, coñecemos os emparellamentos da segunda rolda.

Sesión Plenario: o sorteo dos oitavos de final

A Porra de Futbolinlugo, 24

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *