Chegamos ao ecuador dos oitavos de final en Sesión Plenario. A cuarta eliminatoria desta rolda xogárona Juan Rodríguez e Javi Regueiro. O coñecido preparador de Chantada, actualmente segundo adestrador do Racing Villalbés, co carismático futbolista do Ribeira FS e recoñecido seguidor do seu Fonsagrada.
Neste capítulo coñecemos a ambos contricantes e repasamos onces históricos. Ademais falamos de actualidade, de adestradores e de determinadas xogadoras. Así o podedes ver no vídeo do remate deste artigo.
Os cruces dos oitavos de final foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.
Á diferenza da primeira fase, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.


Dezaseis participantes buscan un oco nos cuartos de final. O cadro do concurso xa mostra ademais cal sería o camiño para chegar a unha hipotética final. Comeza a parte máis emocionante do programa que entretén e difunde o fútbol lucense.
